jueves, 16 de febrero de 2023

XOVES 16 de FEBREIRO do 2023

Informamos, novamente, que este programa "Galegos no BAIX" reemítese os venres ás 15h en RADIOFUSIÓN - GALICIA. ¡Agradecemento pola colaboración e atención que nos teñen!

Comezamos esta emisión, coma sempre, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e ofrecéndolles un bocadiño de música para recibir á nosa primeira convidada: MERCHI ÁLVAREZ, Presidenta de GaliciAME. Esa Asociación que tanto está a traballar para acadar máis investigación e promocionar "Becas" que seguen a traballar nesa grande tarefa. Felicitámola por ter recibido unha nova medicación en Corea, o ano pasado. Tamén a parabenizamos por ter recibido a visita do embaixador Antonio Resines e tamén a Jorge Casal. Están a traballar para facer máis actividades interesantes que seguro culminarán coa "Gala de GALICIAME" prevista para o mes de decembro deste ano 2023. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos e recollendo os froitos de tanto traballo como lle dedican. Seguiremos en contacto.

Aprovietamos este pequeno espazo para dar a coñecer algunhas das próximas actividades previstas pola A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, para celebrar o Entroido, cun Cocido. Tamén está prevista a Asamblea Xeral Ordinaria, a "Festa do Pulpo" diante da Entidade e a celebración do día da dona, o próximo día 18 de marzo, cunha Conferencia a cargo de Andrea Nunes, baixo o título: "Todas as mulleres que son. Cartografía poetica". Despois disfrutaremos dun pequeno ágape que cada ano confeccionan as donas da Asociación, acompañado de viño galego.

Conversamos con MALORES VILLANUEVA, escritora, filóloga e editora literaria, que acaba de publicar un libro da Biografía de FRANCISCO FERNÁNDEZ del RIEGO, a quen se lle dedican as Letras Galegas-2023. Felicitámola pola Mostra Fotobiográfica e Bibliográfica sobre del Riego, que acaban de inaugurar, á que asistiron as personalidades de grande relevancia, familiares do homenaxeado e ademais do Alcalde de Vigo. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos.

Conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen Che Preguntou?" Hoxe fainos unha fermosa exposición de cómo se debe entender o "Entroido" en Galicia, que non ten ningunha similitude co que poden representar os carnavais e desfiles doutras localidades. Agradecémoslle a súa aportación tan importante.

Falamos, a continuación con MARÍA XOSÉ LAMAS, Diplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Postgrau en Educación Musical... escritora e poeta. Felicitámola pola recente publicación, en segunda edición, do libro: "O Corvo de Caldaloba", con prólogo de Antón de Guizán e que está ilustrado por Sofía Naseiro, creadora audiovisual especializada en documentais e transmedia... Agradecémoslle a súa amable atención, as explicacións relacionadas con ese traballo para poñer en valor a Torre de Caldaloba grazas a esa publicación que recolle os feitos acontecidos nese lugar emblemático no século XV. Despedímola e tamén nos despedimos nosoutros ate o vindeiro xoves.

Aquí incluimos o programa completo:

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario