Outra emisión máis deste noso programa con música, noticias e entrevistas interesanes. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e escoitamos unha primeira peza musical para recibir ao primeiro convidade de hoxe:
ALBERTE MONTES, Actor, Monologuista, Director, Guionista... Recibímolo dándolle os nosos parabens polo seu traballo e tamén porque ten previsto realizar unha intervención no Centro Galego de Barcelona, esta misma fin de semana, concretamente o sábado. Un espectáculo que titula: "Bueno carallo Bueno". Convida a tódolos nosos oíntes e seguidores a que se acheguen para disfrutar con el. Seguro que se divertirán. Desexamos que teña moito éxito.
Despedímolo con música, outra vez, e voltamos a escoitar outra peza musical, esta vez unha de Carlos Núñez, "Aires de Pontevedra", para recibir á segunda participante, dona
CHARO VALCÁRCEL, Profesora xubilada, Licenciada en Filoloxía e Poeta. Agradecémoslle a súa participación e aproveitamos para felicitala polo traballo que veñen realizando no
"De Vella a Bella", en Pontevedra. A publicación nas redes da súa revista dixital número 32, do mes pasado... E tantas cousas. Eles mesmos se definen, na súa páxina (devellabella.com), describíndose deste xeito:
somos un grupo de persoas que pensan que a xubilación pode ser unha das etapas máis activas e creativas da vida... e neso están. Aproveitando que falamos de poesía, pedímoslle que nos lea-declame un dos seus poemas, e agasállanos cun poema adicado aos nenos palestinos. ¡Moitísimas grazas Charo! Foi un pracer e unha honra.
Despois de escoitar outra peza musical, neste caso a que foi premiada no aRi(T)mar: "Morena" do Grupo "De Ningures", conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre a desenrola cos seus "Ghústanme e Desghústanme" escoillidos entre as diferentes noticias galegas. Despois deixanos unhas frases recollidas na súa "Libretiña pequena" e algunha que comparte coa fraseoloxía publicada por Xosé Antonio Pena Romay. Sempre lle estamos agradecidos pola súa grande colaboración e participación.
Despois de escoitar unha peciña de música interpretada por Efrain Díaz, co "Pito Galego", poñémonos en contacto con
MIGUEL MOSQUERA, Luthier, artesano deste mesmo instrumento: O Pito Galego. Mantemos con el unha pequena conversa-entrevista na que nos pon ao corriente do seu traballo de investigación e elaboración dese tradicional instrumento galego que tivo unha grande repercusión na música tradicional e que estivo un tempo moi esquecido e pouco valorado, pero hoxe en día está tendo moita repercusión e bastante posta en valor, tanto é así que o Pito Pastoril Galego empregouse para interpretar a primeira obra composta para Pito Pastoril Galego cunha Orquestra de música Clásica: "
O bosque do asubiador, de Juan Durán". E despedímolo escoitando outra obra interpretada por Efren cun Pito Galego e a zanfona de Ivan Costa: Pitanfona. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que teñan unha feliz semana.
Deixamos a quí o programa enteiro.
O día 22 de Marzo pasado, Radio Sant Boi, e en concreto o noso programa "Galegos no BAIX", estivemos na Pedrera de Barcelona, como Representantes de AMEGA (Asociación de Medios en Galego), na entrega de Premios AMIC. Unha Honra para todos nosoutros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario