Unha emisión máis do "Galegos no BAIX. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións, escoitamos unha peza musical e poñémonos en contacto coa primeira convidada, MARTA GONTÁ, voceira da PLATAFORMA ULLOA VIVA, que nos pon ao corrente das reivindicacións e propostas de actuación que están a levar a cabo para informar e dar a coñecer ese proxecto de posta en marcha dunha macro-celulosa nun espazo natural cheo de riqueza e que pretende ocupar unha extensión moi grande, e utilizar moitísima auga do rio Ulloa, que contaminará toda a zona ata chegar á Ria da Arousa. Próximamente achegaranse a Bruxelas para solicitar que ese proxecto non siga adiante. Convida a tódolos nosos oíntes e seguidores que lles envíen unha carta de adhesión que teñen na páxina da Plataforma, que seguro servirá para axudar a que non se leve a cabo esta obra. Seguiremos en contacto, agradecémoslle a súa aportación e desexamos que teñan moito éxito.
Continuamos o programa conectando con dona ASUNCIÓN, da Asociación Veciñal Bubaíño de Castro Carballedo, que teñen programada a "XXI FEIRA DA CARNE AO CALDEIRO", precisamente de Carballedo, para o próximo domingo día 14, onde se degustarán máis de mil kilos de carne de tenreira cocida con leña de carballo e que calculan servirán nada menos que tres mil racións. Terán como pregoeira deste evento á actriz María Vázquez, gañadora dun Goia este ano, como mellor interpretación femenina por Matria. Tamén contarán con música da "Charanga Unión Phenosa", para amenizar o xantar. Desexamos que disfruten desta feira gastronómica.
Recibimos a crónica do noso correspondente, dende Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? na que nos fai partícipes das súas noticias e informacións escollidas, mediante os seus "Me Ghustan e Disghústanme", e acaba cos seus apuntes da "libretiña pequena" que veñen acompañados de certa retranca galega chea de engado.
E finalizamos o programa entrevistando a don GONZALO CONSTENLA BERGUEIRO, Profesor, Escritor e responsable do "aRi(T)mar Galiza e Portugal" que é un proxecto educativo cultural moi importante. Fálanos da súa traxectoria e de próximos eventos, precisamente a repetición da última Gala en Braga (Portugal) onde se realizarán varios acontecementos moi interesantes. Agradecémoslle a súa participación.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario