jueves, 6 de junio de 2024

XOVES 6 de XUÑO do 2024

Comezamos o programa coa reincorporación do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ. Escoitamos a nosa sintonía, damos a ben-vinda e salutacións e escoitamos unha peza do grande Hevia, para recibir ao primeiro convidado: PABLO NOGUERA CAMPO, mestre e escritor a quen parabenizamos por ter acadado o Premio do "VII Certame de Relato Curto da Irmandade Galega de Rubí". Un trab allo que como el mesmo nos informa, ten moito a ver co emprego de palabras casi esquecidas e moi pouco usadas. Precisamente o título premiado é: "AMOCELO", cuxo significado é "anzol". Fálanos da súa inquedanza e traballo investigador e da posta en valor de moitas palabras moi interesantes que non teñen un uso moi corrente, pero que sí están contempladas no noso dicciónario. Falamos da súa traxectoria escrita e dalgunha publicación máis. Tamén nos comenta o Premio de Poesía da localidade de Cabanas, que ven de acadalo este ano. O anterior xa estivera premiado cun Relato Curto. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.


A seguinte invitada é JOAQUINA UTRERA, periodista e escritora, que ven de publicar o libro:"A GOLPE DE BARRENO", ambientada no Val de Lubián, na fronteira entre Zamora e Ourense. Neste preciso lugar está situada a trama desta publicación. Trátase de recrear, á súa maneira, o grande traballo que fixeron os mineros (tamén chamados carrilanos) e outro empregados non especialistas, como moitos presos que redimían as súas condenas traballando para construir o chamado "Tunel Doce" do camiño de ferro que uniu Zamora con Ourense. A documentación aportada é moi importante e axuda a entender moitas cousas que sucederon naquel período que comezou na Repúbica e rematou a finais dos anos cincuenta. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teña moitos éxitos.

Tratamos de informar un chisco das actividades próximas que se realizarán na nosa A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, concretamente o día 15 coa convocatoria de votacións para a Xunta Directiva, da presentación do libro de Yolanda Díaz, que terá a participación do Ilmo.Director Xeral de Política Lingüística dn Valentín Garcia. Tamén informamos da próxima celebración da Festa do San Xoan diante da Entidade, convidando aos asistentes a unha copiña de cava e coca. Haberá música en directo.

Conectamos novamente con Galicia, cocretamente con PABLO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, "VIVIN", que nos fala de don JOSÉ MARÍA ALONSO TRELLES - "El Viejo Pancho", figura ilustre da cidade de Ribadeo. Próximamente presentarase o libro onde se relata a vida e obra deste personaxe ilustre. Seguiremos en contacto par que nos axude a coñecer moitas máis cousas.

A crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ MONTES, serve para saber algo máis da nosa comunidade, cos seus "Me gustan e disgustan", que corresponden as noticias escollidas por el. Desexamos  que teña unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa completo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario