jueves, 31 de octubre de 2024

XOVES 31 de OUTONO do 2024

Nova emisión deste programa "Galegos no BAIX" de cada xoves, no 89.4 da FM - Radio Sant Boi, para todos vosoutros. Escoitamos a nosa sintonía de sempre, saudamos aos nosos oíntes e seguidores e escoitamos unha peza interpretada por Javi Maneiro e chamamos a MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de GaliciAME, en Cambados, que nos fala da "VII Gala GALICIAME-2024" prevista para o día 30 de novembro próximo. Están á venda as entradas para poder asistir á celebración que se realizará na Adega Pazo Señoráns, en Paradela, no Concello de Meis (Pontevedra). Tamén nos indica que teñen á venda o seu número de Lotería de Nadal, que poden mercar poñéndose en contacto mediante o seu correo electrónico: asociaconagaliciame@gmail.com ou tamén ao seu teléfono de contacto: 698 982 510. É unha forma máis de colaborar desinteresadamente cunha pequena aportación para conseguir máis investigación sobre a Atrofia Muscular Espinal (AME). Desexamoslles que teñan moito éxito.

A continuación, despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto co Historiador RAFAEL GARCÍA FERREIRA, que ven de recibir o "XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais". Parabenizámolo e conversamos con el sobre ese traballo tan interesante que se titula: "Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión." O acto de entrega tivo lugar o sábado pasado no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas, coa asistencia da Alcaldesa Sara Inés e varios compoñentes da Fundación Vicente Risco de Allariz. Desexamos que siga colleitando moitos máis éxitos.

Aproveitamos uns minutiños para comentar con RAFA-PaiAkona, responsable do proxecto "Utopian Pop", en qué consiste ese traballo musical tan interesante e cara o final escoitaremos a peza musical qeu compuxo para reivindicar a non realización do asunto "Altri" na zona do Ulla.

Recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. A súa sección, Quen che Preguntou? está subdividida e tres apartados que teñen por título o seguinte: 1:- Bule...Bulo (noticias nas que os oíntes teñen que averiguar cla é o "bulo" que tentou colarnos). 2.- Que pasa... que pasa Na Ribeira Sacra (noticias especificas daquela zona) e 3.- Sabedoría Popular, Pílulas (píldoras) de frases, refráns e ditos populares galegos, finalizando coa intervención dun destacado personaxe galego (actor, monologuista...) Todo elo adubiado coa música que escolleu para iniciar cada unha das intervencións. Agradecémoslle a súa estimada colaborción.

Como temos nos estudios a visita de RAFA-Pai Akona, responsable do proxecto Utopian-pop, comentamos cómo se poden poñer en contacto con el e a creción da peza que leva por título: "Quérote Viva", que escoitaremos para finalizar o programa de hoxe. Tamén conversamos co MAX PÁRRAGA DÍAZ, que nos veu a visitar. Profesor de Secundaria, que xa estivo noutra ocasión con nosoutros. Fainos un pequeno relato de cómo están as cousas do proxecto Galauda -impartición de galego nos Instituos de Cataluña-, pero moi concretamente fálanos da fermosa experiencia cun dos seus alumnos no Instituto, recén chegado de Galicia, concretamente de Carballo. Comenta cousas moi interesantes sobre o uso e emprego do noso idioma e cómo se expresa tan correctamente. Agradecémoslles as súa visita e presencia no programa de hoxe, e despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa enteiro:

jueves, 24 de octubre de 2024

XOVES 24 DE OUTUBRO DO 2024

Outra emisión máis do noso programa "Galegos no BAIX". Comezamos coa nosa sintonía de sempre, e despois das salutacións de sempre, escoitamos unha audición do próximo convidado de hoxe, PACO RODRÍGUEZ GÓMEZ-DACAL. Saudámolo, dámoslle a benvinda e parabenizámolo polo seu traballo de recollida de cancións e coplas populares moi antigas. Entregou nada menos que varios cassetes coas pezas e coplas gravadas naquela zona de Xinzo da Limia, algunhas delas coa voz propia das persoas que lle-las ensinaron. Fainos un agasallo especial, cantando un bocadiño dalgunha daquelas coplas que aprendeu. Entregou toda esa documentación ao Museo do Pobo Galego, onde se atopan xa accesibles para tódolos estudosos e interesados na recolleita popular. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Continuamos con máis música, e nunca mellor dito, porque deseguida poñémonos en contacto con BIEITO ROMERO, do Grupo Musical BREO, que acaban de presentar un CD que leva por título: "Máis Alá". Recíbenos moi amablemente e coméntanos cómo foi o traballo de gravación e composición. Mantemos unha conversa moi agradable na que nos fala de onde procede o nome do Grupo Musical e cómo elixiron ese nome tan céltico e feiticeiro. Tamén nos comenta que xa o presentaron na Sala Garufa, da Coruña e próximamente tamén o presentarán na Casa das Crechas, en Santiago de Compostela. Recibímolo cunha das súas pezas, María a Meiga, e despedímolo tamén con outra peza que se atopa no seu disco. Despedímolo e desexamos que teñan moito éxito.

Conectamos agora con SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "IRMANDADE GALEGA DE RUBÍ". Parabenizámola polo traballo que están a realizar nese Centro Galego. Coméntanos que celebrarán o día 2 de novembro a Festa do Magosto previa presentación dun documental moi interesante, titulado: "Anduriña, muller de ida e volta". Fainos saber que estiveron a traballar investigando sobre a posibilidade real de que o Camiño de Santiago pasara por Rubí. Teñen moita documentación e tan só están a espera dun documento que confirme realmente as súas investigacións. Para dalo a coñecer teñen previsto a realización dunha "Pulpada popular" o día 9 de novembro, coa posibilidade de expoñer imaxes fotográficas dos camiños que fixeron. Desexamos que todo decorra con ben.

Unha última conexión é con MIGUEL MOSQUERA, que pertence a FINA REI (Artesans de Repostería) en Allariz. Agradecémoslle a súa atención e parabenizámolo pola recente presentación dun traballo escpecional que conta coa aportación artística de varios escultores. Chámase LEGATUM. Son reproducións, en chocolate recheo, de esculturas realizadas por cinco escultores de renome: Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Arturo Andrade, Xosé Cid e Acisclo Novo. Esas figuras reciben o nome de: Xénese, Agarimo, Díscolo, Odisea e Perenne. Representan o ciclo da vida, tal e como nos comenta Miguel. Unha forma máis de aportar cultura xunto co traballo artesanal que caracteriza esa Empresa que cumple máis de cincoenta anos de existencia. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.


jueves, 17 de octubre de 2024

XOVES 17 de OUTUBRO do 2024

Unha nova entrega do noso programa. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que nos fala da próxima "FESTA GALEGA", que se celebrará dende o 25 ata o 27 de outubro. Tamén nos informa doutras actividades previstas, como a celebración do Magosto tradicional, na Sede da Entidade, e próxima exposición de pinturas que terá lugar en datas aínda non confirmadas, e para a que teñen previsto xuntar sinerxias co "Noso LAR de Terrassa". Desexamos que teñan moito éxito.


A continuación poñémonos en contacto con GUSI DOMARCO, que forma parte dun equipo que levan a cabo a distribución de documentación moi importante relacionado coa nosa antropoloxía: lembrame.gal. Un traballo altruista no que participan tamén a súa compañeria Carolina Fernández e Sergio Santos Otero, ademais doutras persoas, que menciona nesta conversa que mantemos con el. Na súa páxina pódense contemplar e admirar videos, fotos e outras aportacións documentais moi interesantes e cheas de informacións, recollidas por eles, facéndolles cantar, ou falar aos maiores que aínda conservan e lembran moitas cousas que se esquecerían ou se perderían se non se plasmaran nos seus cortos. Préganos que lles digamos aos nosos oíntes e seguidores que lles regalen un "me gusta" na súa páxina e no seu canal de youtube. Agradecémoslle a súa amable participación no programa de hoxe, e desexámoslles moitos éxitos.

Seguimos a emisión e recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que como xa adiantabamos na anterior conexión que nos fixo, está modificada e mellorada. Está dividida en varios apartados, que inicia previa escoita dunha peciña musical moi acaída: 1º Apartado: Bule... Bulo, precedido da peza musical "bule-bule rock, son Noticias escollidas nas os escoitantes terán que descubri cal é o "bulo" que nos tentou colar. 2º Apartado: Que pasa... que pasa na Ribeira Sacra, un compendio reducido de noticias que acontecen na Ribeira Sacra, que o inicia despois de escoitar a peciña musical "Brétema" do Grupo Baiuca. 3º Apartado: Escoitamos a peza de Uxía "A Fala", para encetar estas "Pingadelas de Sabedoría Popular" e finaliza co audio que nos envía cunha aportación ocurrente dun personaxe moi recoñecido. Hoxe "Alberte Montes". Agradecémoslle a súa colaboración.

E escoitamos unha peciña de música das "Pandereteiras de Verducido", un Grupo Musical Galego, que decidiu facer unha "pausa" na súa traxectoria musical, por mor de completar as súas formacións académicas e persoais. Falamos con CLARA, unha das súas compoñentes. Felicitámola e escoitamos un bocadiño da súa creación musical, porque ela tamén é compositora. É unha peza algo máis longa, pero a sensibilidade e interpretación que nos ofrece é encantadora. Convidámola a que nos veña a visitar o vindeiro día 26 á nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que celebraremos o tradicional Magosto. Animámola a que siga coa súa tarefa estudiantil desexámoslle que teña moito éxito.

E despedímonos de todos, lembrándolles as diferentes actividades que a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro, ten previsto realizar neste outubro e novembro...
 
¡Que teñan unha feliz semana!

jueves, 10 de octubre de 2024

XOVES 10 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía. Celebramos a recuperación do noso compañeiro Armando Fernández López, e despois das salutacións, escoitamos unha peza de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: don FRANCISCO XABIER ALMUIÑA CHOREN, da Casa Rural "Casa de Romualdo". Xa tivemos a honra de conversar con el noutra ocasión, pero hoxe temos que felicitalo porque foi elixido Presidente da Federación Galega de Turismo Rural. Nesta ocasión temos o privilexio de contar coa súa estimada participación, para comunicarlle aos nosos oíntes e seguidores que están a celebrar, e xa van 18 anos, os "Outonos Gastronómicos", que consisten nunha estancia de venres ou sábado con cea e almorzo por tan só cento sensenta e cinco euros. Os menús que ofrecen son de moita calidade e unha forma máis de coñecer esa gastronomía de proximidade que eles elaboran con tanto cariño. Desexamos que teñan moito éxito. 

A segunda conexión é con CARLOS JULIO GONZÁLEZ, periodista e grande coñecedor do entorno Quirogués, tanto é así que durante un certo tempo estivo á fronte do "Diario de Quiroga". Infórmanos que esta tarefa xa a rematou e está pendente dunha incorporación de traballo algo diferente. Parabenizámolo polo traballo de investigación titulado "Ondas de aquí: Catro décadas de Radio Municipal en Galicia", moi relacionado coas Emisoras Municipais, lóxicamente. Poden consultalo en Internet que está aberto para tódolos públicos. Desexamos que continúa disfrutando coa súa ilusión comunicativa e ofrecémonos para poder contactar con el cando teña algunha noticia que darnos. 

Despois voltamos a Galicia, concretamente a LIRA, para falar coa señora CARMEN, da Casa Rural XANELA DA LUA, con quen xa falamos noutras ocasións. Desta volta queremos que nos poña ao corrente das novedades e Menús que ofrece para os clientes que se queiran apuntar e disfrutar das ofertas do "Outono Gastronómico" que tamén ofrece no seu establecemento. Unha verdadeira degustación gastronómica con produtos da zona, con varios pratos a elixir, e cunha posible actividade que consiste nun paseo a cabalo pola zona, admirando a paisaxe tan feiticeira que alí se pode contemplar. Desexamos que teña moitos clientes e moito éxito. 

Continuamos a emisión conectando con EDUARDO BRAVO, da Adega Pazo de Lalón, no concello de Leiro. Unha edificación do ano 1204. Parabenizámolo por ter acadado o "Bacelo de Prata" que lle entregaron o sábada día 5 pasado no Pazo de Ulloa, nunha celebración que compartiu con Kalkói, que tamén foi agasallado por etiquetar os seus produtos en galego. Celebramos con el a traxectoria da súa Adega, que xa ten acadado varios premios e moi concretamente fai dous anos foi premiado como Mellor viño Branco de Galicia. Fainos saber que a degustación dos seus viños poden realizala no "Mesón do Xamón" en Carballiño, que é un establecemento dos máis antigos da vila. Tamén se poden atopar os seus viños na rúa Muntaner de Barcelona e en Madrid. 


E finalizamos a programación recibindo a EFRAÍM DÍAZ, Músico e Profesor nun Instituto en Laxe. Felicitámolo por ter alcanzado esa titularidade, despois de aprobar as oposicións. Un seu traballo final de carreira ten moito a ver co instrumento tradicional galego "Pito Pastoril". A súa participación no noso programa serve para coñecer un pouquiño máis, polo miúdo, en qué consiste ese instrumento que el coñece moi ben e que ten moi investigado, tanto é así que a súa Tese Doctoral vai encamiñada a publicar todo o que recolla sobre ese instrumento tradicional. Quedamos en voltar a comunicarnos con el para que nos axude a coñecer máis cousas. Agradecémoslle a súa colaboración. 

Desexamos que volvan a conectar con nosoutros o vindeiro xoves á mesma hora. 
 ¡Que teñan unha feliz semana!

jueves, 3 de octubre de 2024

XOVES 3 de OUTUBRO do 2024

Novamente con todos vosoutros, dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e disculpas porque non pode estar nos estudios o noso compañeiro Armando Fernández, a quen lle desexamos unha pronta recuperación. Ofrecémoslle unha peza musical: "Ligia Elena", interpretada pola "Banda e Coro do Conservatorio Profesional de Música de Tui", para recibir ao noso primeiro convidado: Xosé Anxo FONT, Director da Emisora de Radio Municipal de TUI. Recíbemos moi cordialmente, felicitámolo polo traballo e que están a desenvolver. Fálanos das distintas seccións que teñen na súa programación. Coméntanos cousas moi interesantes desa vila galega, do bairro e da zona xudea, da Catedral, dos moitos deportistas e en especial dos palistas e remeiros, do Monte Aloia, da situación privilexiada desa cidade... Recoméndanos a visita a esa localidade chea de engado, na que serán todos moi ben recibidos e atendidos. Agradecémoslle a súa participación con nosoutros.


Continuamos a programación poñéndonos en contacto con ALEX MOURE, da explotación gandeira : Kalekói. Felicitámolo porque foron elixidos para recibir o Premio Bacelo de Prata diste 2024, no Pazo-Adega dos Ulloa, o próximo día 5 de outubro, por etiquetar os seus produtos en língua galega. Fálanos da súa producción, leite, yogures, kéfir... Unha oferta moi natural e aprezada, que se pode atopar en numerosos establecementos galegos e tamén en Madrid e Barcelona. Tamén nos comenta que seguen a traballar para poder ofrecer algún producto máis, como queixo ou requeixo. Agradecémoslle a súa atención de hoxe e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.


A segunda hora comezámola co noso correspondente na Ribeira Sacra. Xosé Manuel F. Montes, que nos fai partícipe da remodelación da súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? dividíndoa en varios apartados moi concretos: Primeiro Bule-Bulo, consistente en aportar seis novidades informativas na que unha delas non é verdadeira, e convida aos oíntes e seguidores que sexan capaces de descubrila. A segunda parte, moi específica, relacionada con noticias da Ribeira Sacra, moi concretamente, titulada "
Que pasa, que pasa ... na Ribeira Sacra?
" e unha terceira "Pingadelas de sabedoría popular" consistente en aportar fraseoloxía popular galega, ditos, refráns (que moitas veces ten recollidos na súa "libretiña pequena"). Todo elo adubiado con música axeitada, escollida para deleitar aos oíntes nos diferentes apartados. Neste apartado conta coa colaboración de Pepe Capelán. Por ser esta a primeira vez, damos un espazo de tempo prudencial, ata a seguinte emisión do vindeiro xoves, para que intenten acertar o "bulo" que tentou colarnos o noso correspondente.


A ultima intervención é con STELLA MARIS GONZÁLEZ BALBUENA, Filóloga, escritora e poeta galega. Felicitámola pola celebración, hoxe mesmo a partir das 20h, do evento "Desafiando Sombras": Recital poético Plurilingüe, no que participarán unha ampla nómina de escritores e poetas declamando, en diversas línguas, conmemorando a traducción poética. Fainos partícipe da súa inquedanza e da grande colaboración de moitos e importantes persoas cos que contará esta noite. Recitarán en galego, portugués, inglés, francés, catalán, alemán... Desexámoslle que teña moito éxito. Comentamos a posibilidade de que graven algunha desas intervencións e que poidamos voltar a reproducilas para tódolos nosos oíntes e seguidores.

 

E despedímonos ata o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.