jueves, 10 de octubre de 2024

XOVES 10 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía. Celebramos a recuperación do noso compañeiro Armando Fernández López, e despois das salutacións, escoitamos unha peza de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: don FRANCISCO XABIER ALMUIÑA CHOREN, da Casa Rural "Casa de Romualdo". Xa tivemos a honra de conversar con el noutra ocasión, pero hoxe temos que felicitalo porque foi elixido Presidente da Federación Galega de Turismo Rural. Nesta ocasión temos o privilexio de contar coa súa estimada participación, para comunicarlle aos nosos oíntes e seguidores que están a celebrar, e xa van 18 anos, os "Outonos Gastronómicos", que consisten nunha estancia de venres ou sábado con cea e almorzo por tan só cento sensenta e cinco euros. Os menús que ofrecen son de moita calidade e unha forma máis de coñecer esa gastronomía de proximidade que eles elaboran con tanto cariño. Desexamos que teñan moito éxito. 

A segunda conexión é con CARLOS JULIO GONZÁLEZ, periodista e grande coñecedor do entorno Quirogués, tanto é así que durante un certo tempo estivo á fronte do "Diario de Quiroga". Infórmanos que esta tarefa xa a rematou e está pendente dunha incorporación de traballo algo diferente. Parabenizámolo polo traballo de investigación titulado "Ondas de aquí: Catro décadas de Radio Municipal en Galicia", moi relacionado coas Emisoras Municipais, lóxicamente. Poden consultalo en Internet que está aberto para tódolos públicos. Desexamos que continúa disfrutando coa súa ilusión comunicativa e ofrecémonos para poder contactar con el cando teña algunha noticia que darnos. 

Despois voltamos a Galicia, concretamente a LIRA, para falar coa señora CARMEN, da Casa Rural XANELA DA LUA, con quen xa falamos noutras ocasións. Desta volta queremos que nos poña ao corrente das novedades e Menús que ofrece para os clientes que se queiran apuntar e disfrutar das ofertas do "Outono Gastronómico" que tamén ofrece no seu establecemento. Unha verdadeira degustación gastronómica con produtos da zona, con varios pratos a elixir, e cunha posible actividade que consiste nun paseo a cabalo pola zona, admirando a paisaxe tan feiticeira que alí se pode contemplar. Desexamos que teña moitos clientes e moito éxito. 

Continuamos a emisión conectando con EDUARDO BRAVO, da Adega Pazo de Lalón, no concello de Leiro. Unha edificación do ano 1204. Parabenizámolo por ter acadado o "Bacelo de Prata" que lle entregaron o sábada día 5 pasado no Pazo de Ulloa, nunha celebración que compartiu con Kalkói, que tamén foi agasallado por etiquetar os seus produtos en galego. Celebramos con el a traxectoria da súa Adega, que xa ten acadado varios premios e moi concretamente fai dous anos foi premiado como Mellor viño Branco de Galicia. Fainos saber que a degustación dos seus viños poden realizala no "Mesón do Xamón" en Carballiño, que é un establecemento dos máis antigos da vila. Tamén se poden atopar os seus viños na rúa Muntaner de Barcelona e en Madrid. 


E finalizamos a programación recibindo a EFRAÍM DÍAZ, Músico e Profesor nun Instituto en Laxe. Felicitámolo por ter alcanzado esa titularidade, despois de aprobar as oposicións. Un seu traballo final de carreira ten moito a ver co instrumento tradicional galego "Pito Pastoril". A súa participación no noso programa serve para coñecer un pouquiño máis, polo miúdo, en qué consiste ese instrumento que el coñece moi ben e que ten moi investigado, tanto é así que a súa Tese Doctoral vai encamiñada a publicar todo o que recolla sobre ese instrumento tradicional. Quedamos en voltar a comunicarnos con el para que nos axude a coñecer máis cousas. Agradecémoslle a súa colaboración. 

Desexamos que volvan a conectar con nosoutros o vindeiro xoves á mesma hora. 
 ¡Que teñan unha feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario