jueves, 17 de octubre de 2024

XOVES 17 de OUTUBRO do 2024

Unha nova entrega do noso programa. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que nos fala da próxima "FESTA GALEGA", que se celebrará dende o 25 ata o 27 de outubro. Tamén nos informa doutras actividades previstas, como a celebración do Magosto tradicional, na Sede da Entidade, e próxima exposición de pinturas que terá lugar en datas aínda non confirmadas, e para a que teñen previsto xuntar sinerxias co "Noso LAR de Terrassa". Desexamos que teñan moito éxito.


A continuación poñémonos en contacto con GUSI DOMARCO, que forma parte dun equipo que levan a cabo a distribución de documentación moi importante relacionado coa nosa antropoloxía: lembrame.gal. Un traballo altruista no que participan tamén a súa compañeria Carolina Fernández e Sergio Santos Otero, ademais doutras persoas, que menciona nesta conversa que mantemos con el. Na súa páxina pódense contemplar e admirar videos, fotos e outras aportacións documentais moi interesantes e cheas de informacións, recollidas por eles, facéndolles cantar, ou falar aos maiores que aínda conservan e lembran moitas cousas que se esquecerían ou se perderían se non se plasmaran nos seus cortos. Préganos que lles digamos aos nosos oíntes e seguidores que lles regalen un "me gusta" na súa páxina e no seu canal de youtube. Agradecémoslle a súa amable participación no programa de hoxe, e desexámoslles moitos éxitos.

Seguimos a emisión e recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que como xa adiantabamos na anterior conexión que nos fixo, está modificada e mellorada. Está dividida en varios apartados, que inicia previa escoita dunha peciña musical moi acaída: 1º Apartado: Bule... Bulo, precedido da peza musical "bule-bule rock, son Noticias escollidas nas os escoitantes terán que descubri cal é o "bulo" que nos tentou colar. 2º Apartado: Que pasa... que pasa na Ribeira Sacra, un compendio reducido de noticias que acontecen na Ribeira Sacra, que o inicia despois de escoitar a peciña musical "Brétema" do Grupo Baiuca. 3º Apartado: Escoitamos a peza de Uxía "A Fala", para encetar estas "Pingadelas de Sabedoría Popular" e finaliza co audio que nos envía cunha aportación ocurrente dun personaxe moi recoñecido. Hoxe "Alberte Montes". Agradecémoslle a súa colaboración.

E escoitamos unha peciña de música das "Pandereteiras de Verducido", un Grupo Musical Galego, que decidiu facer unha "pausa" na súa traxectoria musical, por mor de completar as súas formacións académicas e persoais. Falamos con CLARA, unha das súas compoñentes. Felicitámola e escoitamos un bocadiño da súa creación musical, porque ela tamén é compositora. É unha peza algo máis longa, pero a sensibilidade e interpretación que nos ofrece é encantadora. Convidámola a que nos veña a visitar o vindeiro día 26 á nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que celebraremos o tradicional Magosto. Animámola a que siga coa súa tarefa estudiantil desexámoslle que teña moito éxito.

E despedímonos de todos, lembrándolles as diferentes actividades que a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro, ten previsto realizar neste outubro e novembro...
 
¡Que teñan unha feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario