Novamente con todos vosoutros, dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e disculpas porque non pode estar nos estudios o noso compañeiro Armando Fernández, a quen lle desexamos unha pronta recuperación. Ofrecémoslle unha peza musical: "Ligia Elena", interpretada pola "Banda e Coro do Conservatorio Profesional de Música de Tui", para recibir ao noso primeiro convidado: Xosé Anxo FONT, Director da Emisora de Radio Municipal de TUI. Recíbemos moi cordialmente, felicitámolo polo traballo e que están a desenvolver. Fálanos das distintas seccións que teñen na súa programación. Coméntanos cousas moi interesantes desa vila galega, do bairro e da zona xudea, da Catedral, dos moitos deportistas e en especial dos palistas e remeiros, do Monte Aloia, da situación privilexiada desa cidade... Recoméndanos a visita a esa localidade chea de engado, na que serán todos moi ben recibidos e atendidos. Agradecémoslle a súa participación con nosoutros.
Continuamos a programación poñéndonos en contacto con ALEX MOURE, da explotación gandeira : Kalekói. Felicitámolo porque foron elixidos para recibir o Premio Bacelo de Prata diste 2024, no Pazo-Adega dos Ulloa, o próximo día 5 de outubro, por etiquetar os seus produtos en língua galega. Fálanos da súa producción, leite, yogures, kéfir... Unha oferta moi natural e aprezada, que se pode atopar en numerosos establecementos galegos e tamén en Madrid e Barcelona. Tamén nos comenta que seguen a traballar para poder ofrecer algún producto máis, como queixo ou requeixo. Agradecémoslle a súa atención de hoxe e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.
A segunda hora comezámola co noso correspondente na Ribeira Sacra. Xosé Manuel F. Montes, que nos fai partícipe da remodelación da súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? dividíndoa en varios apartados moi concretos: Primeiro Bule-Bulo, consistente en aportar seis novidades informativas na que unha delas non é verdadeira, e convida aos oíntes e seguidores que sexan capaces de descubrila. A segunda parte, moi específica, relacionada con noticias da Ribeira Sacra, moi concretamente, titulada "Que pasa, que pasa ... na Ribeira Sacra?" e unha terceira "Pingadelas de sabedoría popular" consistente en aportar fraseoloxía popular galega, ditos, refráns (que moitas veces ten recollidos na súa "libretiña pequena"). Todo elo adubiado con música axeitada, escollida para deleitar aos oíntes nos diferentes apartados. Neste apartado conta coa colaboración de Pepe Capelán. Por ser esta a primeira vez, damos un espazo de tempo prudencial, ata a seguinte emisión do vindeiro xoves, para que intenten acertar o "bulo" que tentou colarnos o noso correspondente.
A ultima intervención é con STELLA MARIS GONZÁLEZ BALBUENA, Filóloga, escritora e poeta galega. Felicitámola pola celebración, hoxe mesmo a partir das 20h, do evento "Desafiando Sombras": Recital poético Plurilingüe, no que participarán unha ampla nómina de escritores e poetas declamando, en diversas línguas, conmemorando a traducción poética. Fainos partícipe da súa inquedanza e da grande colaboración de moitos e importantes persoas cos que contará esta noite. Recitarán en galego, portugués, inglés, francés, catalán, alemán... Desexámoslle que teña moito éxito. Comentamos a posibilidade de que graven algunha desas intervencións e que poidamos voltar a reproducilas para tódolos nosos oíntes e seguidores.
E despedímonos ata o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario