jueves, 24 de abril de 2025

XOVES 24 de ABRIL do 2025

Despois do descanso da Semana Santa, comezamos unha nova emisión de "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía de sempre, dándolles a ben-vinda e ofrecéndolles a peza "Grándola Vila Morena" de Xosé Afonso, para adiantarnos á celebración da Revoluçao do cravos en Portugal, que se celebrará próximamente mañá, día 25. Precisamente esta peza sérvenos para conectarnos con Galicia e recibir á primeira convidada, dona SONSOLES VICENTE SOLLA, Concelleira de Educación, Cultura e Mocidade de TUI. Fainos un percorrido moi atinado da "Festa de San TELMO de Tui-2025". Coméntanos as diferentes actuacións culturais que teñen previstas e que comezaron co pregón a cargo dese grande actor teatral Avelino González. E continúan con moitas más actividades que nos pormenoriza ata o luns días 28 de abril. Agradecémoslle a súa colaboración e aportación no programa de hoxe e desexámoslle que sigan tendo moitos éxitos.

Continuamos escoitando outro bocadiño de música e voltamos outra vez á mesma localidade galega, TUI, para falar, nesta ocasión, coa Concelleira de Comercio e Turismo, dona ANA MARÍA NÚÑEZ ÁLVAREZ. Agradecémoslle a súa amable recepción e aproveitamos para que nos informe dalgunhas actuacións máis da mencionada "Festa de San TELMO-2025",  relacionadas co comercio, como a IV Feira do Viño da Raia", que tivo lugar a fin de semana pasada, pero como responsable de Turismo e tamén de Patrimonio e Conxunto Histórico, fainos un pequeno percorrido pola fermosísima Catedral-Fortaleza, chea de encanto así como tamén do conxunto medievalista xudeo e outras importantes xoias que se poden admirar nesta vila Euro-Atlántica que paga a pena visitar. Foi unha honra e un pracer contar coa súa colaboración e desexamos que sigan disfrutando da Festa e con moito éxito.

Despois doutra peza musical recibimos á terceira convidada: BETI REY, da Radio Municipal de Tui. Parabenizámola porque acaba de ser elixida, hai pouco tempo, como responsable comunicadora desa Emisora Municipal. Coméntanos a súa faceta engaiolante de transmisión oral e de proximidade que ten a Radio Municipal, que serve para achegar as novidades e outras informacións de interese local a tódolos escoitantes e receptores. A súa participación e recollida de actos e eventos que se desenrolan na cidade e moitas comunicacións que serven para informar con detalle e prontitude. Tamén nos comenta as moitas intervencións nas tivo que participar e asistir nestas Festas de San Telmo deste ano. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que siga colleitando moitos éxitos nesa tarefa comunicativa.

Escoitamos outro bocadiño de música e como adianto ao seguinte convidado, que por causas alleas non podemos aínda conectar con el, informamos, e damos unhas pequenas pinceladas relacionadas coa Panadería Rabizas, de Betanzos, que é a segunda máis antiga de España. Un forno do século XVI, está rexentado pola terceira xeración duns propietarios que se fixeron cargo del no ano 1940, segundo temos entendido. Seguimos escoitando algo de música mentres non conectamos con Manolo, ao que tiñamos previsto entrevistar.

Recibimos a MANOLO SANTOS, da Panadería Rabizas. Parabenizámolo porque acaba de recibir no Foro Gastronómico de A Coruña un recoñecemento como unha das Panaderías Históricas. Fainos unha pequena descrición desa panadería que serve pan de alta calidade aos seus clientes. Tamén teñen empanadas, croisants, tartas de amendoas e biscoitos de mazá. Non son pastelaría, pero seguen a servir aos seus clientes como unha panadería tradicional e popular. Tamén atenden encargos para cocer outros produtos que lles solicitan, como asados moi específicos. Agradecémoslle a súa amable atención e voltamos a felicitalo e desexarlle que sigan tendo moitos éxitos e moita clientela. Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.



jueves, 10 de abril de 2025

XOVES 10 de ABRIL do 2025

Unha nova emisión do noso programa de cada xoves. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e unha peciña de música, poñémonos en contacto con HELENA POUSA ORTEGA, en Salceda de Caselas, que nos fala das actividades que teñen previstas realizar a partir de mañá día 11, o sábado 12, o domingo 13 e o venres 25 relacionadas, todas elas coa Memoria Histórica. Grandes eventos moi importantes con Conferencias, Exposicións e moitas cousas máis, que ela nos detalla con precisión e que ademais pódense consultar na páxina que teñen habilitada. Agradecémoslle as informacións recibidas e desexámoslle que teñan moitos éxito.

A continuación damos a coñecer varias informacións moi interesantes: a próxima celebración da "XLV Feira do Viño de AMANDI". Tiñamos previsto conectar co Ilmo.Señor Alcalde de Sober, don LUÍS FERNÁNDEZ GUITIÁN, pero non puido ser, porque non avisamos con tempo e ten outros compromisos urxentes. De tódolos xeitos sabemos que a persoa que fará o Pregón deste evento será LUCÍA PÉREZ. Comeza esta Feira mañá mesmo, día 11. As cinco da tarde haberá unha pre.cata e a continuación o Pregón denantes anunciado. Tamén comentamos a próxima celebración da "LXV Festa da LAMPREA-2025" que se fai na localidade de ARBO.

Seguimos escoitando outro bocadiño de música e temos a honra de recibir ao Ilmo.Sr. Alcalde de ARBO, don HORACIO GIL EXPÓSITO. Falabamos denantes da Festa da Lamprea e o propio Sr. Alcalde fainos unha intervención moi axeitada relacionada con este acontecemento declarado de Interese Turístico Internacional. Tamén nos fala de "ARBO-MOSTRA", algo que ten unha repercusión moi importante e relevante para os veciños e adegueiros que no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea se poden admirar e informar con precisión. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles que teñan moito éxito.

Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado do apartado "QUEN CHE PREGUNTOU", que está sub-dividido en tres seccións moi específicas: O Bule-Bulo, o Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra e a Sabedoría Popular que sempre finaliza coa intervención dun personaxe destacable colaborando coa sú aportación persoal. Sempre agradecidos ao noso correspondente, a quen lle desexaos unha feliz Semana Santa.

Conectamos novamente con Galicia para falar con MIGUEL FERREIRA, da Panadería "O Pan de San Antonio", en Pontecaldelas (Pontevedra). Comezamos a conversa-entrevista falando de que el representa xa a terceira xeración de panadeiros artesáns. Seus avós comezaron aló polo 1939 cun forno tradicional, ata hoxendía, que el segue a tradición familiar, ampliando as ofertas e produtos que os clientes poden degustar e mercar, non só no seu establecemento, senón que tamén se poden adquirir via "on line", xa que teñen un servizo moi importante con pan, empanadas e doces de grande calidade. Ademais están asociados cun Asador de Miranda do Ebro (José Antonio concretamente) que mediante a empresa MORALON, tamén serven esas empanadas e doces de grande calidade. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que teñan moitos pedidos e moito éxito! Aproveitamos para desexarlles unha FELIZ SEMANA SANTA e despedirnos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro

jueves, 3 de abril de 2025

3 de ABRIL do 2025

Primeiro programa deste mes de abril, con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado: ANDRÉS GIRÁLDEZ, Actor que pertence a "Tanxarina Títeres" en Redondela. Parabenizámolo porque está a representar a obra "A burra, a Mesa e o Pau", xunto con outros compañeiros artistas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Tamén nos fala da próxima celebración do "XXVI Festival Internacional de Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo", previsto para os días 12 ao 18 de maio próximo. Desexámoslles moitos éxitos.

A continuación poñémonos en contacto con RUBÉN, da "CASA CASTELAO", en Fonsagrada. Tamén o parabenizamos pola grande "XXVIII FEIRA do Butelo-2025, na Fonsagrada", o 22 e 23 de febreiro pasado, que contou cunha grande afluencia e participación de veciños. A súa aportación cos produtos que ofrece son un reclamo moi importante nese evento. Fálanos dos produtos que se poden adquirir en moitos establecementos espallados pola península e tamén en Portugal e outras nacionalidades. Tamén se poden poñer en contacto con eles a través da súa páxina web: casacastelao.es, para poder mercalos xa que teñen un servicio online moi eficiente. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

A seguinte comunicación é coa Ilma.Sra. Alcaldesa de Vilariño de Conso, dona MELISSA MACÍA DOMÍNGUEZ. Felicitámola porque teñen previsto celebrar a "Décima Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL VIBOMASK MASCARADA IBÉRICA-2025", a fin de semana do 16 ao 18 de maio próximos. Un evento que congrerará nada menos que cincoenta grupos de máscaras de moitas localidades galegas, portuguesas e doutras nacionalidades, un total de máis de oitocentas persoas que compartirán esa grande celebración xunto co Concello de Viana do Bolo. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no noso programa de hoxe e desexámoslle que teñan moitos éxitos.

Conectamos con XOSÉ BENITO REZA, Enxeneiro de Montes e Escritor, que foi Director Xeral de Conservación da Natureza. Nesta ocasión queremos parabenizalo pola recente publicación e presentación do seu libro "Ciencia e Misterio en Celanova. A capela mozárabe de San Miguel". Un grande traballo moi ben documentado que, segundo nos confesa escribiu xunto coa colaboración da súa filla. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe no noso programa e desexámoslle que teña moitos lectores ese fermoso traballo que moitos galegos non coñecían. Aproveitamos para despedirnos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.