jueves, 14 de septiembre de 2017

14 de SETEMBRO do 2017

Comezamos unha nova tempada tentando levar adiante este programiña de dúas horas en galego. A primeira comunicación é con ARMANDO FERNÁNDEZ, que hoxe non se atopa nos estudos da radio por algúns impedimentos persoais, pero que nos envía moitos azos e desexos de que tod@s teñamos unha feliz emisión. Simultaneamente conectamos con Galicia para falarmos con CARMEN PENIN, de "2Na Fronteira", grande amiga, cantautora e mellor persoa, que nos informa do seu ultimo traballo "HERDEIRAS". Presentarase en Santiago de Compostela o vindeiro sábado día 23 deste mes, e seguirá unha morea de presentacións e percorrido por toda Galica e outras localidades. Tamén nos fala do Simposio, no que participará ela e mais Maurizio, que se fará no Bierzo esta próxima fin de semana, día 16, en honor á figura do poeta don ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES. Desexámoslle moitos éxitos.


Seguidamente comunicámonos con don JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT, que nos pon ao corrente das actividades realizadas este verán e da vindeira celebración da "12 Romería de la Virgen de la Encina" este vindeiro sábado en Polinyà. Felicitámolos polo seu traballo.



Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra -Monforte de Lemos- para falar co noso correspondente habitual XOSÉ MANUEL, que sempre nos ten preparada a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? chea de engado e comunicación. Ademais envíanos a súa colaboración gráfica.


Recibimos nos estudos a KIKE FERNÁNDEZ MON-SÁNCHEZ, que ven acompañado do seu neto XIAO, e aproveitamos para que interveña connosco na emisión de hoxe. Agradecémosllelo moi encarecidamente. 
Aproveitamos os ultimos minutos para falar con OSCAR, do Hostal-Restaurante "O Mirador" en Portomarín, para que nos dedique un chisco do seu tempo para falarnos da noticia salientable da sequía que afecta a todo Galicia, pero moi específicamente ao encoro que está ubicado en Portomarín. Tamén nos fala do Restaurante, do Albergue e do Hostal "EL Padrino". Un pracer poder contar coa súa participación no primeiro programa desta tempada.



A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario