Outro programiña máis con todos vosoutros. Comezamos chamando a AMADOR ARIAS, o artista protagonista da película " O QUE ARDE " de Oliver Laxe. Película recentemente premiada no Festival Internacional de Cannes. Felicitámolo e mantemos unha agradable conversa con el. Cóntanos a súa fermosa experiencia e o grande acontecemento que viviu en directo acompañado do Director Oliver Laxe e da grande actriz Benedicta Sánchez, que segundo nos comentou ten unha fermosa historia que contar. Un feito histórico que unha película en galego fora premiada en Cannes. ¡Parabens!
Falamos con JOSE ANTONIO DÍAZ, Presidente da Cooperativa "A Carqueixa". Cóntanos que son nada menos que 200 socios que se adican á gandeiría vacuna, producen a Tenreira Galega de Calidade, pero con sabor aos Ancares. Teñen ademais un blog. a cargo da cociñeira Pilar Rodríguez Pampín, que se pode consultar e escoller unha morea de receitas que se poden elaborar cos seus productos cárnicos de grande calidade.
Na segunda hora conectabamos sempre co noso correspondente en Monforte Xosé Manuel, pero temos que disculpalo, por mor doutras obrigas. Pero achegámonos igualmente á capital da Ribeira Sacra para comentar con BEATRIZ VILA FRIERE, unha das celebracións interesantes que se setán a celebrar alí: o "XI Cume Tapas de Monforte". Desexámoslles moitos éxitos.
E antes de finalizar o programa de hoxe, aínda comentamos algunhas novidades e informacións moi interesantes, relacionadas coa nosa cultura.
Desexamos que pasen unha moi feliz semana. Até o vindeiro xoves, á mesma hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario