jueves, 26 de septiembre de 2019

XOVES 28 de SETEMBRO DO 2019

2º Programa desta tempada 2019-2020, que encetamos saudando a visita que nos fai o noso amigo e colaborador ANTONIO DÍAZ,
Director da Revista Lua Nova e coordinador de moitas actividades naAsociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Adiantamos a noticia de que en vindeiras datas procederemos a conceder un agasallo donado polo "Restaurante Ancares" de Barcelona, concretamente na rúa Robrenyo. Consistente nunha cea para dúas persoas de entre todos aqueles oíntes e seguidores que se poñan en contacto connosco polos medios que xa coñecen: Facebook, Páxina-Blog do programa ou Wassap (689 696 171). E despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con XABIER DÍAZ,
ese grande músico, profesor e cantautor galego, que nos fala dos éxitos obtidos neste verán nos múltiples concertos ofrecidos pola xeografía galega, nacional e estranxeira. Tamén nos pon ao corrente das próximas actuacións e da edición dun novo CD que posiblemente presentarán en Barcelona no mes de marzo do 2020. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso humilde programa. 


A segunda intervención tamén está relacionada coa música, posto que nos poñemos en contacto con Juan Amil, un productor e cantante galego que despois dos dous ultimos CD que ten xa publicados, de grande repercusión entre os cativos: ChuchesAmil, adiántanos a próxima presentación dun Cd que leva por título: Popsía. Xa sabemos un chisco da súa traxectoria. En vindeiras datasa voltaremos a falar con el para que nos informe máis polo miúdo do seu traballo.


Na segunda hora conectamos, como cada semana, co noso correpondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, para que nos faga a súa colaboración, dentro da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que dende o comezo desta nova tempada está dividida en: Temas TOP da semana e Retranca para todos e algo de comer, ofrecéndonos a súa escolla tan interesante. Tamén nos envía a súa aportación artística en forma de viñeta, relacionada con algún tema tratado no programa. Nesta ocasión fai referencia ao primeiro entrevistado de hoxe: Xabier Díaz. ¡Moitas grazas, Xosé Manuel!


E para finalizaar conectamos novamente con Galicia, coa nosa correspondente nas terras dos Ancares Lugueses, para recibir a aportación da nosa correspondente FERNANDA FOLLANA NEIRA. Unha crónica moi cultural e interesante.


A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 19 de septiembre de 2019

XOVES 19 de SETEMBRO do 2019

Nova tempada: 2019-2020.
Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. E conectamos con Galicia, concretamente con Guido Alvarez Parga, un Guia Oficial de Turismo na cidade de Lugo, que nos pon ao corrente da súa traxectoria e dos seus proxectos para coñecer con máis detalle a cidade amurallada.  Unha conversa-entrevista moi aclaridora e chea de ensino. Agradecémoslle a súa aportación neste primeiro programa da tempada, que inauguramos con el e que desexamos poidamos continuar aprendendo coas súas explicacións e coñecemento pormenorizado de Lugo. En vindeiras ocasións voltaremos a falar con el para que nos siga axudando a coñecer máis, polo miúdo, esta cidade e outras moitas cousas que el domina. ¡Parabens Guido!
A seguinte comunicación é con MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de GALICIAME, que nos informa das moitas actividades que desenvolveron durante o verán e adiántanos algunhas cousas a celebrar na "V GALA-Xantar de GALICIAME" prevista para o día 6 de decembro. Un grande evento que ten como finalidade xuntar a unha morea de persoas implicadas coa recolecta de ingresos para a "2ª BECA de investigación para o AME". Tamén nos informa desa proposta educativa que denomina "RESILIENCIA" para este curso 2019-2020, na que está moi implicada e que seguro será un incentivo fermoso para os alumnos-as dos Salesianos de Cambados. Agradecémoslle a súa portación e en vindieras datas voltaremos a comunicarnos con ela para que nos dea máis detalles sobre os concertos dos artistas que participarán na GALA. Desexámoslle moitos éxitos.
Como viña sendo habitual no noso programa, a segunda hora comezabamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Hoxe comeza con algunha novidade relacionada coa súa intervención e que dividirá en dúas partes: 1ª Os TOP da semana e 2º A nosa retranca e algo para comer. Na primeira falanos das novidades escollidas da semana e na segunda ademais dos ditos, frases e ditos populares con retranca, incorporará e sinalizará algunha das Festas Gastronómicas que se poden disfrutar. Rematará, como viña facendo en edicións anteriores, coa súa aportación en forma de viñeta alusiva a algún dos temas tratados no programa, e que nos tentaremos de comparatir con todos vosoutros, alomenos neste blog. A de hoxe fai referencia á despoboación rural galega (con retranca, claro).
E antes de finalizar o programa de hoxe voltamos a conectar con Galicia, con FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos presenta a outro profesor, don Ramón Gutiérrez, especialista en arquitectura románica. Fannos unha sucinta descrición das diversas igrexas románicas que se poden admirar por aquelas contornas de Becerreá, As Nogais, Baralla... ... etcétera, verdadeiras xoias merecentes da nosa mención neste humilde programa. Agradecémoslles a súa amable atención e explicacións tan ilustrativas, que nos axudan a coñecer un chisco mellor o noso patrimonio.
O vindeiro xoves voltaremos a ofrecervos outro programiña máis. Dúas horas de Radio en galego, para que poidamos coñecer algunha cousa máis do noso entorno galego. ¡Grazas por seguirnos!