Nova tempada: 2019-2020.
Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. E conectamos con Galicia, concretamente con Guido Alvarez Parga, un Guia Oficial de Turismo na cidade de Lugo, que nos pon ao corrente da súa traxectoria e dos seus proxectos para coñecer con máis detalle a cidade amurallada. Unha conversa-entrevista moi aclaridora e chea de ensino. Agradecémoslle a súa aportación neste primeiro programa da tempada, que inauguramos con el e que desexamos poidamos continuar aprendendo coas súas explicacións e coñecemento pormenorizado de Lugo. En vindeiras ocasións voltaremos a falar con el para que nos siga axudando a coñecer máis, polo miúdo, esta cidade e outras moitas cousas que el domina. ¡Parabens Guido!
A seguinte comunicación é con MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de GALICIAME, que nos informa das moitas actividades que desenvolveron durante o verán e adiántanos algunhas cousas a celebrar na "V GALA-Xantar de GALICIAME" prevista para o día 6 de decembro. Un grande evento que ten como finalidade xuntar a unha morea de persoas implicadas coa recolecta de ingresos para a "2ª BECA de investigación para o AME". Tamén nos informa desa proposta educativa que denomina "RESILIENCIA" para este curso 2019-2020, na que está moi implicada e que seguro será un incentivo fermoso para os alumnos-as dos Salesianos de Cambados. Agradecémoslle a súa portación e en vindieras datas voltaremos a comunicarnos con ela para que nos dea máis detalles sobre os concertos dos artistas que participarán na GALA. Desexámoslle moitos éxitos.
Como viña sendo habitual no noso programa, a segunda hora comezabamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Hoxe comeza con algunha novidade relacionada coa súa intervención e que dividirá en dúas partes: 1ª Os TOP da semana e 2º A nosa retranca e algo para comer. Na primeira falanos das novidades escollidas da semana e na segunda ademais dos ditos, frases e ditos populares con retranca, incorporará e sinalizará algunha das Festas Gastronómicas que se poden disfrutar. Rematará, como viña facendo en edicións anteriores, coa súa aportación en forma de viñeta alusiva a algún dos temas tratados no programa, e que nos tentaremos de comparatir con todos vosoutros, alomenos neste blog. A de hoxe fai referencia á despoboación rural galega (con retranca, claro).
E antes de finalizar o programa de hoxe voltamos a conectar con Galicia, con FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos presenta a outro profesor, don Ramón Gutiérrez, especialista en arquitectura románica. Fannos unha sucinta descrición das diversas igrexas románicas que se poden admirar por aquelas contornas de Becerreá, As Nogais, Baralla... ... etcétera, verdadeiras xoias merecentes da nosa mención neste humilde programa. Agradecémoslles a súa amable atención e explicacións tan ilustrativas, que nos axudan a coñecer un chisco mellor o noso patrimonio.
O vindeiro xoves voltaremos a ofrecervos outro programiña máis. Dúas horas de Radio en galego, para que poidamos coñecer algunha cousa máis do noso entorno galego. ¡Grazas por seguirnos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario