2º Programa desta tempada 2019-2020, que encetamos saudando a visita que nos fai o noso amigo e colaborador ANTONIO DÍAZ,
Director da Revista Lua Nova e coordinador de moitas actividades naAsociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Adiantamos a noticia de que en vindeiras datas procederemos a conceder un agasallo donado polo "Restaurante Ancares" de Barcelona, concretamente na rúa Robrenyo. Consistente nunha cea para dúas persoas de entre todos aqueles oíntes e seguidores que se poñan en contacto connosco polos medios que xa coñecen: Facebook, Páxina-Blog do programa ou Wassap (689 696 171). E despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con XABIER DÍAZ, ese grande músico, profesor e cantautor galego, que nos fala dos éxitos obtidos neste verán nos múltiples concertos ofrecidos pola xeografía galega, nacional e estranxeira. Tamén nos pon ao corrente das próximas actuacións e da edición dun novo CD que posiblemente presentarán en Barcelona no mes de marzo do 2020. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso humilde programa.
A segunda intervención tamén está relacionada coa música, posto que nos poñemos en contacto con Juan Amil, un productor e cantante galego que despois dos dous ultimos CD que ten xa publicados, de grande repercusión entre os cativos: ChuchesAmil, adiántanos a próxima presentación dun Cd que leva por título: Popsía. Xa sabemos un chisco da súa traxectoria. En vindeiras datasa voltaremos a falar con el para que nos informe máis polo miúdo do seu traballo.
Na segunda hora conectamos, como cada semana, co noso correpondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, para que nos faga a súa colaboración, dentro da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que dende o comezo desta nova tempada está dividida en: Temas TOP da semana e Retranca para todos e algo de comer, ofrecéndonos a súa escolla tan interesante. Tamén nos envía a súa aportación artística en forma de viñeta, relacionada con algún tema tratado no programa. Nesta ocasión fai referencia ao primeiro entrevistado de hoxe: Xabier Díaz. ¡Moitas grazas, Xosé Manuel!
E para finalizaar conectamos novamente con Galicia, coa nosa correspondente nas terras dos Ancares Lugueses, para recibir a aportación da nosa correspondente FERNANDA FOLLANA NEIRA. Unha crónica moi cultural e interesante.
A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario