Outro programa máis tentando ofrecerlles dúas horiñas de Radio en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e escoitamos unha peza de música que interpreta SESO DURÁN, Profesor de música e Cantautor galego. Conversamos con el. Fálanos da súa traxectoria musical, do seu último CD que leva por título "Ascensión", da súa creatividade musical... ... Prometémonos voltar a conversar con el e agradecémoslle a súa participación de hoxe, no noso programa. Despedímolo escoitando outra peza súa, do seu mentado traballo "Ascensión".
A segunda intervención é a de Emilia Llano Álvarez, Presidenta da Asociación "Antaruxas e Sorteiros" de A Fonsagrada. Infórmanos das actividades que realizan, a súa colaboración co Concello, a súa participación nas Festas, viaxes e concertos en localidades veciñas de Asturias, Clases de Gaita, de Danza e Pandeireta... Unha Asociación Cultural con moita participación popular.
Continuamos o programa conectando novamente con Galicia e achegámonos á Chantada, onde nos recibe DAVID VÁZQUEZ, cineasta que ven de recibir varios Premios co seu último Documental, que leva por título "El último de Arganeo". Precisamente o seu protagonista é Edilbeto Rodríguez, o poeta, pastor e músico a quen entrevistamos a semana pasada. Recibiu o Premio convocado polo Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, o de Etnografía en Zamora e o do Festival de Espiello en Sobrarbe - Huesca. Tamén nos informa doutro dos seus proxectos, a "Adega Antonio do Nicho", que é unha obra creada con cepas de moita antigüidade, e elaborando o viño de forma tradicional. Desexámoslle moitos éxitos.
E finalizamos o programa de hoxe conectando con "Xosé Magalhaes", "CHEF" do "Ceibe Restaurante", en Ourense. Xosé e mais Lydia del Olmo dirixen este Restaurante de prestixio na rúa San Miguel de Ourense. Veñen de ser seleccionados polo "Madrid Fusión", xunto con outros 6, como Cociñeiros Revelación a nivel Nacional. Agradecémoslle que nos atendera tan amablemente e desexamos moita sorte e moito éxito nese proxecto gastronómico.
Despedímonos de todos vosoutros e convocámosvos para o seguinte xoves día 21, desexando que teñan un Feliz descanso de Semana Santa e FELICES PASCUAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario