Unha emision máis con todos vosoutros. Comezamos coa sintonía e salutacións de sempre. Escoitamos unha peza "de estrena" que nos agasallou o "Grupo AILÁ" a fin de semana pasada, para darlle a benvida a dona PILAR ANSEDE, Presidenta do Centro Galego de Barcelona. Conversamos con ela e recibimos cumprida información das cousas que están a realizar no Centro. Seguiremos en contacto.
O segundo convidado é RAFAEL LEMA MOUZO, escritor e Licenciado en Ciencias Ambientais. Fálanos dun seu libro "Costa da Morte. Un País de sueños y naufragios". Tamén se extende na súa explicación sobre a Ruta dos Faros e moitas máis cousas relacionadas con esa zona da Costa da Morte. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.
Continúa o programa conectando novamente con Galicia para falar con CHEMA ÁLVAREZ, un grande defensor do Rural Galego, tamén é apicultor e coordina a "Festa da Gaita en Cancelada" que se celebra tódolos anos no mes de agosto. Desexámoslle moitos éxitos.
Finalmente falamos Armando e un servidor (Couxil) telefónicamente, xa que estou desprazado ao Balneario de Fitero para realizar unha pequena "cura de saúde" aproveitando a augas medicinais que alí se atopan.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana! e deixamos aquí o programa completo.