jueves, 8 de junio de 2023

XOVES 8 de XUÑO do 2023

Outra entrega deste programa que pretende entreter e dar a coñecer as "nosas cousas". Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e un bocadiño de música, poñémonos en contacto con dona MARICARMEN FERNÁNDEZ, Cociñeira do Restaurante

Café-Bar XEGUNDE, en Navia de Suarna, que é a persoa que se encarga de preparar e cociñar os pratos preparados que se comercializan grazas á "tenda" osabodosancares.com, pertencente á Cooperativa "A Carqueixa". Coméntanos a grande demanda que están a ter e a elaboración tan delicada e especializada deses pratos pre-cociñados: O Caldo galego, o Xarrete con castañas, a Ternera con salsa de Figos, Callos con grabanzos... ... pratos que tamén se poden degustar no seu propio establecemento. Agradecémoslle a súa participación de hoxe.

A continuación poñémonos en contacto co Ilmo.Sr.Alcalde de Ribadumia, don DAVID J. CASTRO, que nos atende moi amablemente, e mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións moi interesantes. Parabenizámolo polo exitazo acadado na "50 Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas". Tamén pola celebración que terán esta fin de semana do Campeonato Copa de Rexión da UEFA. Fálanos de diferentes celebracións, o nomeamento dos Valedores do Viño de Barrantes, a presentación e cata de 115 viños e 35 variedades, a Ruta da Pedra e da Auga, o Xacemento do Monte do Castro, a Festa do Pan no mes de agosto... Unha honra para o noso programa poder conversar con David. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Charlamos con OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Infórmanos da realizaicón e grande celebración da "Festa Galega de Cornellà" que se celebrará esta fin de semana próxima no Parque de Can Mercader. Unha fermosa ocasión para disfrutar desta "Romería Galega" acompañada de diversos actos nos que haberá música tradicional coa que se inaugura a Festa, o propio día 9, venres, coa participación das "Rosalieiras" (Pandereteiras e cantoras da Asociación), xunto co "Grupo AILÀ", de Galicia, que veñen de recibir o Premio da Música Tradicional no "Martín Codax". O sábado terán, pola mañá o ofrenda floral no busto de Rosalía de Castro, intervención de diversos Grupos Galegos e colaboradores. Pola noite verbena a cargo da Orquestra Costa Dorada e do Grupo Gin Toni's, intercalados co Folión de Fogos de Artificio. O domingo novamente intervención e actuacións de Grupos Tradicionais Galegos e colaboradores, xunto coa Banda da Asociación e verbena coa Orquestra Costa Dorada e remate con queimada para tódolos asistentes.

Recibimos a MIRIAM REYES, unha poeta traductora e editora galega, a quen felicitamos polas recentes actuacións e participacións en diversos actos poéticos moi interesantes, como o "Rosalía en Camiño Diálogos literarios multilingües 2023". Realizáronse en Galicia: O día 1 en Padrón -na Casa de Rosalía-, o día 2 en Santiago de Compostela -no Museo do Pobo-, o día 3 en Lugo -no Vello Cárcere- Estivo acompañada de outros autores e poetas, Xuan Bello, Sara Plaza, Luís López Alonso, Antía Otero, Jesús Castro Yáñez... Tamén nos falou dos seus traballos recentemente publicados, da traducción dos seus poemas ao ruso, a cargo de Nikolay Eremin. Unha traxectoria chea de novidades e grandes eventos. Agradecémoslle a participación de hoxe e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Despedimos o programa e desexamos que volvan a sintonizarnos eo vindeiro xoves á mesma hora. Que pasen unha feliz semana.

Desixamos aquí o programa completo:

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario