Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das obrigadas salutacións, escoitamos un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe, ALBERTO MONTES, do Grupo Musical GIN TONI'S, que virá a amenizar a verbena que ofrecerán o próximo día 9 de xuño na "Festa Galega de Can Mercader", organizada pola Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexamos que teñan moitoa sorte.
A continuación conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) XOSÉ MANUEL F. MONTES, que sempre ten preparada a súa colaboración na sección QUEN CHE PREGUNTOU? cos seus Me Ghustan e Desghústanme, que representan unha escolla das noticias máis relevantes da semana, acompañadas da entrega especial que recolle na súa "libretiña pequena" e despois envíanos a "viñeta" que fai referencia a algún momento da emisión. A de hoxe é unha representación dunha anécdota que nos contou en directo ¡Moitas Grazas, Xosé Manuel!
Despois conectamos novamente con Galicia, para falar con Alberto Cancela, compoñente da Orquestra COSTA DORADA, que virán á "Festa Galega de Can Mercader", os días 10 e 11 de xuño, para amenizar as verbenas verbenas cos seus concertos. Cóntanos algunhas das actuacións-concertos que teñen apalabrados para este mes de xuño, máis de dez, entre os que se encontra precisamente este de Cornellà e moi especialmente o que realizarán en directo na Televisión de Galicia este mesmo venres día 2 de xuño, no espectáculo do LUAR. Desexámoslles moitos éxitos.
Falamos con ROMÁN SÁNCHEZ BESTEIRO, Xerente da Cooperativa "A Carqueixa". Agradecémoslle a súa amable atención. Comezaron ofrecendo os produtos relacionados coa explotación gandeira, e moi concretamente a carne de vaca e tenreira de calidade. Precisamente polo seu traballo e dedicación teñen recoñecido o Certificado de "Tenreira Galega de Benestar Animal". Tamén teñen recibido o Premio Aresa 2021 e Agader 2021 de Desenvolvemento Rural. O traballo e a dedicación especializada fan que estes cooperativista ofrezan ademais outros produtos moi valorados e demandados, como comida elaborada: Caldo galego, xarrete con castañas, callos con garabanzos e tenreira con salsa de figos. UEspecialidades que se pode demandar na súa páxina: osabordosancares.com. Foi un placer conversar con Román e enviámoslle os nosos mellores desexos de benestar e sorte nesa laboura rural tan importante.
Antes de despedirnos voltamos a informar da "Festa Galega de Can Mercader" e convidámolos a que se acheguen a disfrutar deste grande acontecemento que cada ano programa a Asociación C.G. Rosalía de Castro de Cornellà. Desexamos que teñan unha feliz semana.
Colocamos aquí o programa completo. E voltamos a informarlles que este programiña noso volve a reemitirse mañá venres en Radio FENE, ás 15h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario