jueves, 25 de mayo de 2023

XOVES 25 de MAIO do 2023

Xiana Lastra
Unha nova emisión deste noso programiña en língua galega. Comezamos coa sintonía e salutacións de rigor e ofrecémoslle unha peza de música: "Lingua perversa", interpretada polo Grupo Musical Galego "A Banda da Loba", para poñernos en contacto con XIANA LASTRA PERNAS, que pertence a esta formación musical. Saudámola e parabenizámola por este video-clip recentemente estrenado. Coméntanos a súa elaboración e fálanos dos concertos que xa teñen firmados para este mes de xuño próximo e tamén doas súas creacións discográficas, xa levan publicados 3 CDs: Bailando as rúas no 2017, Fábrica de Luz no 2019, Hasme oir no 2021 e Xabón Lagarta este pasado ano 2022. Teñen previsto actuar en Ourense (o día 26) esta fin de semana e tamén en Tabeirós (A Estrada, o día 27). Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

A continuación conectamos con XOAN CARLOS PASTOR, técnico químico ambiental, que xunto coa súa compañeira ZAIRA, están montando un proxecto de cosmética natural (pielnatura.com) e xa se estableceron na localidade galega de San Xoan de Río. Apostan polo Rural e ofrecen unha proposta de atención moi interesante para a saúde, como é a cosmética natural sólida e o compromiso de mellorar o aspecto e a saúde das persoas. Empregan produtos naturais e queren ofrecer unha atención personalizada e chea de novidades moi interesantes. Seguro que terán moita sorte.

 

Fran Fernández Davila
A segunda hora comezámola chamando a FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, inxeñeiro escritor e poeta de Nigrán, a quen felicitamos por ter acadado o "VIII Premio de Novela Curta Antón Risco 2023", pola súa novela que leva por título: "Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas". Adiántanos un chisco de qué vai esta súa creación, que ten moito que ver coa lírica. E falando de lírica tamén o felicitamos porque acaba de gañar o IX Certame de Poesía Rosalía de Castro, de Padrón, polo seu poemario: "Kompostela". Tivemos un pequeno atranco técnico (desconectouse a chamada) pero seguimo conversando con Fran e recibindo a súa aportación no programa de hoxe. Desexamos que siga acadando moitos éxitos e despedímonos ata unha vindeira ocasión.

Despois falamos con dona ELISA GUERRA, da Panadería Guerra e Vilariño de Conso. Agradecémoslle a súa atención e centrámonos e preguntarlle cales son os produtos que comercializa, pan, empanadas e doces de grande calidade, e moi particularmente as bicas de Vilariño, a Bica de Castañas (con fariña de castaña, da zona, claro) e o xa famoso "Montonico", un postre-doce moi delicado e moi aprezado na zona, que comercializa e ten moitas encargas grazas a "Delicias do Támega.es" e tamén "De.aldea". Desexámoslle moitos éxitos e moita sorte na súa andaina emprendedora e familiar.

Aproveitamos para publicar o cartel da "Festa Galega en Can Mercader" organizado pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, con motivo da "Festa Major" da vila, e na que destacamos a celebración da noite celta co Grupo galego "Ailá" e as nosas "Rosalieiras" para o venres día 9. O sábado día 10, a ofrenda de frores diante do busto de Rosalía no propio Parque. As actuacións das diferentes Asociacións Galegas e colaboradoras. A verbena coa Orquestra "Costa Dorada" de Lugo e os Gin Toni's de Sober; no intermedio folión con Fogos Artificiais. O domingo contiúan as actuación e antes de finalizar coa degustación dunha queimada, novamente verbena coa Orquestra "Costa Dorada".

 

Deixamos aquí o programa completo. Que teñan unha feliz semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario