jueves, 18 de mayo de 2023

XOVES 17 de MAIO do 2023

Comezamos unha nova emisión de dúas horas en galego ofrecéndolles unha pequena intervención musical para conectar co noso primeiro convidado, ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, poeta e escritor galego a quen saudamos moi cordialmente e parabenizámolo pola súa asistencia a "Feira Internacional do Libro do Bogotá" FILbo, na que estivo presente durante varios días. Tamán o felicitamos pola participación no día de onte, "Letras Galegas 2023", no Corte Inglés de Vigo, xunto con Pedro Feijoo, Malores Villanueva, Manuel Bragado, Manuel Esteban, Beatriz de Cea, Pati Blanco, Elba Pedrosa e Andrea López. Mantemos unha conversa moi amena e infórmanos da recente publicación dun seu poemario: "O poder da fraxilidade". Agasállanos coa lectura de dous poemas da súa autoría, que el mesmo nos recita. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.

Continuamos a emisión conectando con JUAN CARLOS CAMBAS, Pianista, arreglista e Productor arxentino ubicado en Galica, concretamente en Vilagarcía. Felicitámolo polo seu CD "VIAXE". Fálanos da súa creación das múltiples participacións e colaboracións de moitos músicos galegos, arxentinos, portugueses, españois, vascos... Un extraordinario traballo que se pode adquiri poñéndose en contacto con el na súa páxina, no seu instagram... etcétera. En vindeiras datas prometémoslle ofrecer algunhas das pezas musicais contidas neste traballo tan cuidado e que lle levou tanto tempo ()máis de dez anos) poñelo a disposición do público. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e seguiremos informando da súa creatividade e proxectos.
 

A seguinte participación é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que cos seus "Desghúsnme e Ghústanme" vai debullando as noticias e informacións que el mesmo escolle para tódolos nosos oíntes e seguidores. Non faltan as súas anotacións da "libretiña pequena" coas que finaliza a súa intervención. E compartimos aquí, con todos vosoutros a "viñeta" que hoxe está dedicada ao homenaxeado nas "Letras Galegas 2023" don Francisco Fernández del Riego. ¡Moitas grazas Xosé Manuel!

Entrevistamos agora a dona NAZARET LÓPEZ, periodista e escritora, a quen felicitamos polo seu último libor publicado: "Pecados Veniais". Fálanos desa súa novela editada por Xerais, que está tendo unhas boas críticas. Comentamos con ela a participación e colaboración que nos envióu o noso colaborador en Pontevedra Luís Losada, que nos fai querer e desexar ler o seu libro. Coméntanos que esta dedicación escritora xa lle ven de moi nova, e aínda que tan só ten publicadas dúas novelas, sempre estivo moi relacionada coa escrita e tamén co teatro. Está traballando para poder publicar o vindeiro ano. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos na súa andaina creativa.

Despedímonos ate o vindeiro xoves e deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario