Unha nova emisión deste noso programiña de dúas horas en língua galega. Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía e as salutacións oportunas para ofrecerlles un bocadiño de música antes de conectar coa primeira convidada, dona MARÍA XOSÉ NÓVOA RODRÍGUEZ, Directora Técnica/Xerente da Asociación Saúde Mental A Mariña. Mantemos unha conversa-entrevista moi esclarecedora e chea de informacións relacionadas con esta Asociación sen ánimo de lucro, que se fundou no ano 1999. Teñen unha grande e extensa profesionalidade. Os traballadores actuais, segundo nos informa Mª Xosé, son máis de 15, aos que se suman un número importante de voluntarios. A atención aos usuarios é moi diversa, polo que atenden a persoas xóvenes ata maiores de sesenta e cinco anos. Teñen recibido varios premios e condecoracións. A súa asistencia está moi relacionada coa atención psicolóxica, atención social e atención laboral. Tamén editan unha revista, "Agarimo", onde recollen a maior parte de actividades que realizan. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles que teñan moita sorte.
A segunda intervención é a de MARC REGUEIRA GRAÑA, membro activo e Profesor de música na "Asociación C.G. AGARIMOS de Badalona". Esta fin de semana, concretamente os días 13 e 14 deste mes de maio, celebrarán o "25 Aniversario da Entidade" cunha Festa extraordinaria coa participación doutras Asociacións, así como o Grupo Musical "Caamaño&Ameixeiras" e a Orquestra JAQUE. Aproveitarán esta ocasión para facerlle unha homenaxe ao grande poeta e maestro que foi Xesús Galán, socio e maestro gaiteiro da Entidade. Convida a tódolos nosos oíntes e seguidores que se acheguen a disfrutar desta Festa, na que poderán disfrutar de música, baile e degustación de productos gastronómicos galegos de grande calidade. As actuacións faranse na Plaça Trafalgar.
Conectamos con don ANTONIO, Presidente da "Asociación Irmandade Galega O NOSO LAR de Terrassa", que tamén teñen previsto realizar a Festa Galega do "41 Aniversario da Entidade". Os actos serán na Praza Lluis Companys, os días 12, 13 e 14 deste mes de maio. As actuacións previstas atópanse nun Programa de Actos que teñen publicado na súa páxina de facebook, e tamén nun cartel anunciador nas Redes Sociais. A destacar a actuación dos artistas Raperos: Moe Lee, Sandro el Critiko, Pelo8 e CRZ, así como tamén o Grupo Titánic e a Orquestra Klam. Tamén contarán coa actuación do Grupo Folkclórico Galego da Irmandade Galega de Rubí e Rosi Ugal coas súas Sevillanas. Unha fin de semana para disfrutar.
Recibimos a participación e colaboración do noso amigo e colaborador HENRIQUE FDEZ-MON SÁNCHEZ. Fainos un perocrrido e diserta sobre o "toque especial" daqueles gaiteiros de antigo, que tiñan un xeito especial de interpretar as melodías galegas. Eran, e aínda se pode escoitar e admirar algún gaiteiro destes, persoas que facían disfrutar desas melodías cunha interpretación moi de seu. Tiñan "alma", non recibiran ningún tipo de escola musical nin académica, pero a súa forma de tocar e as gaitas empregadas eran moi persoais e particulares. As súas interpretacións ían acompañadas quizais doutro gaiteiro, facendo un duo, e da percusión imprescindible así como tamén dalgún outro instrumento, como o clarinete. Quixo deixar moi claro que esas actuacións non tiñan ren a ver, sin desmerecer para nada, coas bandas actuais de gaiteiros que son outra forma de tocar moi diferente. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe. E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario