jueves, 29 de mayo de 2025

XOVES 29 de MAIO do 2025

Unha emisión máis do noso programa que encetamos, coma sempre, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para aproveitar e conectar con Galicia para falar con XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ. Agradecémoslle a súa amable atención e conversamos sobre algunhas cousas moi interesantes. Primeiro felicitámolo pola celebración dos "XXIX Premios Peña Novo-2025" que este ano se lle concederon á Xornalista Esther Estévez Casado, ao historiador Miguel Anxo Seixas e á Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo. Coméntanos algunhas cousas curiosas sobre os galardonados e tamén nos adianta a próxima e vindeira celebración da entrega da distinción "Xuíz do Couto Mixto-2025", que terá como novidade a entrega ao "Conselh Generau d'Arán" e a outros destacados persoeiros máis. Sempre é unha satisfación e unha honra poder recibir as súas noticias e explicacións. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

A segunda intervención, é a do Historiador DANIEL MARTIN GIL, Presidente do "VIII Certame de Relato Curto -Manuel Rivas- da Irmandade Galega de Rubí". Cóntanos que a participación foi moi abondosa e de grande calidade. As catro categorías tiveron os seus premiados. Anúncianos os nomes dos escritos premiados e dos seus autores. Tamén nos comenta algunhas cousas da súa traxectoria profisional e tamén das súas publicacións, que estivo presentando na "Feira do Libro de Sabadell" e informa aos escoitantes que se poden adquirir poñéndose en contacto con el no seu instagram e tamén en Amazón. Desexamos que teña moitos éxitos na súa andaina.

Voltamos novamente a Galicia, concretamente a TUI, despois de escoitar outro bocadiño de música, para poñernos en contacto con GUS ABREU, un grande e extraordinario fotógrafo. Felicitámolo polas publicacións nas que participou e onde se poden atopar moitas das súas fantásticas fotografías. Falamos concretamente do libro "Euro cidade Tui-Valença do Minho" e tamén o libriño das "Festas de San Telmo-2025", cheas de fotografías moi especiais, que recollen recunchos e detalles recónditos da Catedral-Fortaleza de Tui. Tamén nos fala da súa páxina en vimeo.com, que contén unha destacada cantidade de videos moi interesantes. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Continuando coa nosa emisión poñémonos en contacto con ANTONIO, Presidente da Irmandade Galega O NOSO LAR de Terrassa, que esta fin de semana celebrarán a "43 Festa Galega de Terrassa-2025", xunto coa posta en valor das "Letras Galegas-2025". Este ano mudan un chisco de situación, será nas Ramblas de Terrassa, precisamente xunto en frente da parada dos Ferrocarriles Cataláns. Comezarán as festas o vindeiro venres a partir das 18 horas, para dedicarlles espazo á xuventude e a participación da Asociación Alma Flamenca coas súas Sevillanas. O sábado terán sesión vermut con actuación de Grupos Galegos e xantar de Socios. Pola tarde continuarán con novas actuacións galegas e verbena a cargo da Orquestra Klan. O domingo continuarán máis actuacións, o Xantar Oficial coa asistencia das Asociacións Galegas colaboradoras e outras de Terrassa, xunto coa participación de autoridades locais e autonómicas. Pola tarde novamente actuacións galegas e verbena a cargo da Orquestra Klan, como final de Festa. Desexamos que teñan moita asistencia e que disfruten amosando a nosa cultura galega: musical, gastronómica e literaria.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora, ofrecéndolles unha selección de pezas musicais galegas. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.



jueves, 22 de mayo de 2025

XOVES 22 de MAIO do 2025

Comezamos o noso programa coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e ofrecémoslles un bocadiño de música para poñernos en contacto con PEPE FORMOSO, do Bela Fisterra e Bela Muxía. Parabenizámolo pola fermosa celebración que fixeron no Bela Muxía para celebrar as Letras Galegas 2025, mediante a actuaciónción das Pandereteiras da Universidade Popular de Corcubión XAVIÑANAS e as RINCHONAS. Conversamos con el e fainos partícipe dalgunhas novidades que nos comenta polo miúdo, en especial esa exposición no Bela Fisterra: Ruta dos Peixes e dos Faros, a exposición do Colectivo Retoque Retro. Este venres 23 de maio a partir das 18:30 inaugúrase a exposición cunha selección de pezas creadas con coloridas crebas (refugallos qeu desbota o mar). Tamén no convida á próxima celebración do evento Eno-Literario previsto para o día 7 de xuño próximo e que contará con cen viños de Galicia e cen libros, coa participación de moitos autores e escritores. Agradecémoslle a súa colaboración no noso programa de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito.

O seguinte convidado é RUBEN GARCÍA, un músico auto-didacta que toca o Acordión Diatónico con moita mestría. Estivo participando na homenaxe que lle fixeron a Pazos de Merexo, un grande intérprete deste instrumento. Tamén nos comenta que ten actuado en moitos eventos aos que o convidan para tocar. Outra novidade que nos revela, e u pequeno adianto refírese a que pronto terán algunha publicación xunto con un baixista que tamén toca con el. Chamaranse "Zoupalleahí". Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle que teñan moito éxito na súa andaina.

Recibimos ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que está sub-dividida en tres partes: O Bule-Bulo, Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra e Sabedoría Popular, na que sempre ten a participación dun personaxe de relevancia. Nesta ocasión é Xan Veiga, que nos agasalla coa súa aportación reflexiva. Agradecémoslle a súa crónica tan ben argallada.

Conversamos un chiquiño co noso novo técnico, DANI, que é o responsable de que esta nosa emisión saia en antena. Agradecémoslle a súa grande profesionalidade e seguro que teremos unha andaina moi fructífera. Aproveitamos para anunciarlles a proposta seguinte para que escoiten e disfruten. Trátase do audio dun documental que leva por título: "Ferro, madeira e pel", dirixido a tódolos públicos no que se aborda o papel das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. A peza conta coa participación de Tanxugueiras, Xabier Díaz, Bieito Romero, hydn, Aldara Palmeiro e Carlos G. Casás. Buscaremos a maneira de poñernos en contacto co productor, Paco Guitián Valeiro.
 
Podedes disfrutar del no seguinte enlace:  

Este é o audio que anunciamos no parágrafo anterior co que seguro disfrutaredes, e con el queremos celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2025, con todos vostedes. Agardamos que sexa do voso agrado.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.

jueves, 15 de mayo de 2025

XOVES 15 de MAIO do 2025

Este xoves comezamos a emisión dende a Radio Municipal de TUI. Unha moi especial atención que tivo con nosoutros a Directora dona BETI REI, que nos atende moi amable e agarimosamente. Dámoslles a ben-vinda e comezamos a misión recibindo ás "PITUQUIÑAS", cantareiras novas que nos agasallan coa interpretación dunha canción das nosas cantareiras, para celebrar por adiantado o día das "Letras Galegas-2025". Este grupo de mociñas son unha mostra das alumnas que dirixe a profesora AURI, que moi amablemente nos recibe e amosa a súa satisfación comprobando cómo cantan e interpretan esa primeira actuación e continuamos a emisión, dende os estudios desta Radio.

A continuación recibimos a visita do Ilmo.Sr.Alcalde de TUI, don ENRIQUE CABALEIRO, a quen felicitamos polas moitas actividades e grandes eventos que se realizan nesta "Euro Cidade" que comparte con Valença do Minho de Portugal. Mantemos unha conversa moi amena, chea de información e coñecementos para que os nosos escoitantes poidan coñecer maís polo miudo as peculiriaridades patrimoniais e culinarias das que se poden disfrutar nesta localidade. Fainos unha mención especial da Catedral-Fortaleza que é un edificio extraordinario e moi visitado polo pelegríns do Camiño de Santrigao Portugués, que moitos comezan precisamente dende TUI. Tamén nos fala da gastronomía especial moi importante, como son as angulas, que aquí reciben o nome de "meixón"... Agradecémoslle a súa amabilidade e participación no noso programa en directo dende esta localidade raiana.

Falamos con AURI, Profesora das "Pituquiñas" que tan ben interpretaron outra peza musical das cantareiras. A verdade é que escoitar a estas interpretes en directo fannos delitarnos coa súa música. Felicitámolas e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Temos nos estudios á Conselleira de Cultura, Educación e Mocidade, dona SONSOLES VICENTE, que continúa a darnos a coñecer esta localidade feiticeira, chea de engado. O río Miño, o "Pai Miño" dalle un encanto especial, que recalca o noso correspondente Xoan Arco da Vella, que tamén nos acompaña nesta emisión en directo dende a Radio Municipal de TUI. É un feito histórico, para nosoutros, que se emita o noso porgrama para os galegos do Mediterráneo, dende Tui, mediante a colaboración da Radio Municipal de Tui e a Radio Municipal de Sant Boi de Llobregat. Estamos moi agradecidos pola recepción.


Seguimos emitindo e dámoslle paso a outras intérpretes musicais: as "Arranca Xestas", mozas bravas que nos deleitan coa interpretación dunha peza, mentres falamos con BETI REY, a Directora da Radio Municipal de TUI. Comentamos algunhas peculiaridades desta emisora Municipal que leva moito tempo emitindo con asiduidade, dando a colecer tódalas noticias e acontecementos locais e de relevancia, concretamente este sábado estarán, en directo na celebración da "Letras Galegas 2025" e na Feira do Libro da localidade. Agradecémoslle a súa amable colaboración para que esto se levra adiante sen ningún impedimento. Dámoslles as grazas ao técnico desta Radio Xabier e ao noso técnico de Radio Sant Boi, Dani, que son os responsable de que este programa saíra adiante. Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa completo.

viernes, 9 de mayo de 2025

XOVES 8 de MAIO do 2025

Comezamos o programa dende as instalacións de RADIO ALLARIZ, na localidade do mesmo nome. Agradecémoslle a colaboración do seu responsable CARLOS FERNÁNDEZ DURÁN, que nos recibe moi amablemente e axúdanos nas tarefas de confección deste programa. Un feito histórico, para a nosa emisión e para a propia Radio, xa que emitimos o programa dende Allariz (Ourense). Comezamos coa nosa sintonía e un bocadiño de música para darlle a ben-vida e recibir ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTROU? coas sub-seccións acostumadas sempre cheas de interese. Agradecémoslle a súa colaboración.

A seguir recibimos ao Sr. Concelleiro de  Cultura de Allariz, don ALBERTO CONDE RODRÍGUEZ.  A entrevista é un compendio de informacións e novidades moi interesantes relacionadas coas celebracións próximas, como  é o día da Letras Galegas-2025. Convídanos a visitar esta localidade chea de historia e cultura. Fálanos da Festa do Boi, das feiras de produtos locais de alta calidade, da degustación gastronómica tan recoñecida e de grande tradición popular, como é a carne de boi... Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe, que emitimos dende Radio Allariz.

Chamamos a MIGUEL MOSQUERA, responsable da Confitería-Repostería FINA REI, unha referencia moi importante nesta cidade. Fálanos da creación LEGATUM, que consiste en cinco esculturas feitas en chocolate creadas por cinco escultores galegos de grande renome no eido cultural galego (Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Arturo Andrade, Xosé Cid e Acisclo Novo). Tamén nos fala dos doces tradicionais, dos amendoados, das roscas, das galletas con nata... Unha marabilla da gastronomía reposteria na que non faltan os bomboóns e toda unha serie de exquisiteces que se poden degustar no seu establecemento. Desexámoslle que sigan colleitando moitos éxitos.

Recibimos ao Vicepresidente da Fundación Vicente Risco, don ANTÓN BLANCO RODRÍGUEZ, un personaxe ilustre da localidade, que segundo nos informaron é o cronista oficial deste Concello. Mantemos unha conversa-entrevista chea de engado e aprendizaxe, na que nos fai un pequeno percorrido pola Fundación Vicente Risco, por algúns recunchos cheos de interese e tamén unhas pinceladas históricas que nos encandilan. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe, e comprometémonos a voltar a conectar con el noutra ocasión para seguirmos aprendendo e coñecer, máis polo miúdo, algo do patrimonio desta fermosa vila alaricana da provincia de Ourense. E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que teñan unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.