Comezamos o programa dende as instalacións de RADIO ALLARIZ, na localidade do mesmo nome. Agradecémoslle a colaboración do seu responsable CARLOS FERNÁNDEZ DURÁN, que nos recibe moi amablemente e axúdanos nas tarefas de confección deste programa. Un feito histórico, para a nosa emisión e para a propia Radio, xa que emitimos o programa dende Allariz (Ourense). Comezamos coa nosa sintonía e un bocadiño de música para darlle a ben-vida e recibir ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTROU? coas sub-seccións acostumadas sempre cheas de interese. Agradecémoslle a súa colaboración.
A seguir recibimos ao Sr. Concelleiro de Cultura de Allariz, don ALBERTO CONDE RODRÍGUEZ. A entrevista é un compendio de informacións e novidades moi interesantes relacionadas coas celebracións próximas, como é o día da Letras Galegas-2025. Convídanos a visitar esta localidade chea de historia e cultura. Fálanos da Festa do Boi, das feiras de produtos locais de alta calidade, da degustación gastronómica tan recoñecida e de grande tradición popular, como é a carne de boi... Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe, que emitimos dende Radio Allariz.
Chamamos a MIGUEL MOSQUERA, responsable da Confitería-Repostería FINA REI, unha referencia moi importante nesta cidade. Fálanos da creación LEGATUM, que consiste en cinco esculturas feitas en chocolate creadas por cinco escultores galegos de grande renome no eido cultural galego (Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Arturo Andrade, Xosé Cid e Acisclo Novo). Tamén nos fala dos doces tradicionais, dos amendoados, das roscas, das galletas con nata... Unha marabilla da gastronomía reposteria na que non faltan os bomboóns e toda unha serie de exquisiteces que se poden degustar no seu establecemento. Desexámoslle que sigan colleitando moitos éxitos.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario