jueves, 15 de mayo de 2025

XOVES 15 de MAIO do 2025

Este xoves comezamos a emisión dende a Radio Municipal de TUI. Unha moi especial atención que tivo con nosoutros a Directora dona BETI REI, que nos atende moi amable e agarimosamente. Dámoslles a ben-vinda e comezamos a misión recibindo ás "PITUQUIÑAS", cantareiras novas que nos agasallan coa interpretación dunha canción das nosas cantareiras, para celebrar por adiantado o día das "Letras Galegas-2025". Este grupo de mociñas son unha mostra das alumnas que dirixe a profesora AURI, que moi amablemente nos recibe e amosa a súa satisfación comprobando cómo cantan e interpretan esa primeira actuación e continuamos a emisión, dende os estudios desta Radio.

A continuación recibimos a visita do Ilmo.Sr.Alcalde de TUI, don ENRIQUE CABALEIRO, a quen felicitamos polas moitas actividades e grandes eventos que se realizan nesta "Euro Cidade" que comparte con Valença do Minho de Portugal. Mantemos unha conversa moi amena, chea de información e coñecementos para que os nosos escoitantes poidan coñecer maís polo miudo as peculiriaridades patrimoniais e culinarias das que se poden disfrutar nesta localidade. Fainos unha mención especial da Catedral-Fortaleza que é un edificio extraordinario e moi visitado polo pelegríns do Camiño de Santrigao Portugués, que moitos comezan precisamente dende TUI. Tamén nos fala da gastronomía especial moi importante, como son as angulas, que aquí reciben o nome de "meixón"... Agradecémoslle a súa amabilidade e participación no noso programa en directo dende esta localidade raiana.

Falamos con AURI, Profesora das "Pituquiñas" que tan ben interpretaron outra peza musical das cantareiras. A verdade é que escoitar a estas interpretes en directo fannos delitarnos coa súa música. Felicitámolas e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Temos nos estudios á Conselleira de Cultura, Educación e Mocidade, dona SONSOLES VICENTE, que continúa a darnos a coñecer esta localidade feiticeira, chea de engado. O río Miño, o "Pai Miño" dalle un encanto especial, que recalca o noso correspondente Xoan Arco da Vella, que tamén nos acompaña nesta emisión en directo dende a Radio Municipal de TUI. É un feito histórico, para nosoutros, que se emita o noso porgrama para os galegos do Mediterráneo, dende Tui, mediante a colaboración da Radio Municipal de Tui e a Radio Municipal de Sant Boi de Llobregat. Estamos moi agradecidos pola recepción.


Seguimos emitindo e dámoslle paso a outras intérpretes musicais: as "Arranca Xestas", mozas bravas que nos deleitan coa interpretación dunha peza, mentres falamos con BETI REY, a Directora da Radio Municipal de TUI. Comentamos algunhas peculiaridades desta emisora Municipal que leva moito tempo emitindo con asiduidade, dando a colecer tódalas noticias e acontecementos locais e de relevancia, concretamente este sábado estarán, en directo na celebración da "Letras Galegas 2025" e na Feira do Libro da localidade. Agradecémoslle a súa amable colaboración para que esto se levra adiante sen ningún impedimento. Dámoslles as grazas ao técnico desta Radio Xabier e ao noso técnico de Radio Sant Boi, Dani, que son os responsable de que este programa saíra adiante. Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario