jueves, 25 de septiembre de 2025

XOVES 25 de SETEMBRO do 2025

Comezamos unha nova emisión do "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, para darlle a ben-vinda ao noso primeiro convidado, XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Presidente da Asoc.Amigos do Couto Mixto, Presidente do Foro Peinador e moitas cousas máis... Recíbenos moi amablemente e infórmanos moi detidamente dos actos que se celebraron relacionados precisamente coa entrega das distincións aos Xuíces Honorarios do Couto Mixto. Tamén aproveita para falarnos dos Premios Bacelos de Prata, que se entregarán esta fin de semana próxima, e outras e importantes novidades de grande alcance, que se celebrarán en vindeiras datas. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe e desexámos que teñan moito éxito en tódolos acontecementos previstos.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto con MODESTO FRAGA MOURE, escritor e poeta Fisterrán, que nos fala do seu recente libro publicado en Medulia, baixo o título: "As almas da Fisterranía", e que o presentará mañá no Salón de Actos do Concello de Fisterra, acompañado do Ilmo.Sr. Alcade, a Concelleira de Cultura e o músico Juanma Abelleira. Coméntanos un pouco de qué trata o libro e despois de agradecerlle a súa aportción de hoxe, desexámoslle moitos éxitos.


Despedimos a Modesto e a continuación falamos e entrevistamos a DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "CHEF" no Balneario CALDARIA de Lobios. Ten previsto  ofrecer un "showcooking-demostración" culinaria centrada na castaña, con seis produtos culinarios innovadores, no Auditorio Municipal de Escairón (Concello de Saviñao). A sesión está promovida pola Asociación das Castañas e dos Soutos de Galicia, en colaboración coa Área do Rural da vicepresidencia da Deputación de Lugo. Fálanos dese traballo e coméntanos cales serán os pratos que se poderán degustar nese evento. Desexamos que siga colleitando moitos exitos. 


A continuación falamos con MARIAN MARTÍNEZ MARTÍNEZ, Concelleira de Cultura do Concello de A Proba do Brollón. Felicitámola pola celebración da "XI Xornadas(Festival) As Cores do Outono", na que contarán coa actuación de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Ademais doutras ofertas cheas de engado, haberá un obrador de baile. Cóntanos que para abrir boca mañá, venres, terán a presentación do libro-CD "Concha do Canizo", a cargo da etnomusicóloga Xulia Feijoo. Desexamos que disfruten con esa celebración e desexámoslles moitos éxitos.


Antes de finalizar conectamos co noso correspondente XOAN ARCO DA VELLA, que nos adianta unha novidade moi interesante que tratará de completala en vindeiras emisións, relacionada coa construcción dos muros coa técnica da "pedra seca".

 


Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliza semana! e deixamos aquí o programa completo:




jueves, 18 de septiembre de 2025

XOVES 18 de SETEMBRO do 2025

Primeiro programa da tempada 2025/2026, que encetamos hoxe mesmo. Despois da nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música, poñémonos en contacto con ANIBAL BLANCO, da Adega TAPIAS DE MARIÑÁN, da D.O. Monterrei (En Verín. Ourense). Agradecémoslle a súa amable atención e enviámoslle os nosos desexos de benestar e saúde, a pesar da desolación e grande perda que sofriron este verán, con motivo dos devastadores incendios naquela contorna e que tamén lle afectaron a eles nunha finca-viña dunha extensión de oito hectáreas. Sentimos moito ese percance que lles afectou e desexamos que pronto se recuperen e sexan quen de restaurar o afectado. A verdade é que o seu relato, e o vivido, tivo que ser moi desagradable e moi doloroso. Enviámoslle moitos ánimos e desexámoslle que alomenos teñan unha colleita e vendima abondosa e chea de satisfacións, como o son o feito de que este verán lles concederan a Medalla de Ouro no Concurso "Decanter World Wine Awards 2025". Quinta das Tapias con 95 Puntos.

 

A segunda intervención-convidada é a nosa admirada cantautora e escritora "CARMEN PENIM - 2Na Fronteira". Saudámola coa súa propia música e felicitámola polo agasallo que nos fixo enviándonos un exemplar do seu libro recentemente publicado: "A corazón aberto. Aprendendo a SER". Un obra que nos engaiola, polo seu contido, pola súa escrita e polos audios que o acompañan. Como ela mesmo o indica na limiar: "O boxectivo deste libro, é axudarche a que te abras á escoita do teu propio corazón..." Comentamos con ela cómo foi a elaboración deste traballo, no que plasma moitas cousas vividas por ela mesma. Recomendamos que se acheguen á "Editorial Toxosoutos" para poder adquirilo ou que se poñan en contacto con ela directamente, que está disposta a envialo sin gastos (e coa súa situra e dedicación ao lector). Unha honra e un placer poder disfrutar da súa lectura.

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto co noso correspondente an capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que o desenvolve ofrecéndonos tres apartados, como na anterior etapa: O Bule-Bulo, consistente na comunicación de varias noticias entre as que algunha delas non é verdadeira. Unha segunda parte: Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra, na que nos facilita varias informacións sobre a Ribeira Sacra e de rabiosa actualidade. E un terceiro apartado co título "Sabedoría Popular", que ben sendo unha aportación lingüística, a modo de reflexión didáctica e que axúdanos a empregar máis profundamente o noso idioma.

 

Conectamos con XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten moitas cousas que aportarnos, pero como está en Galicia, aproveita para facernos unha crónica cativa dun evento que cubríu este verán, en nome da Radio: A entrega de nominacións no Couto MIXTO. Agradecémoslle a súa colaboración e participación. Quedamos para poder recibir máis informacións en vindeiras datas.

E finalizamos a emisión de hoxe conectando con MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Membro destacado da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Falamos do inicio deste novo curso, da próxima actuación no bairro de A Gavarra en próximas datas, así como tamén en Nou Barris, para o mes de outubro, das clases de Gaita e percusión, das Rosalieiras... etcétera... Agradecémoslle a súa aportación.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana! 

 Deixamos aquí o programa completo.