Primeiro programa da tempada 2025/2026, que encetamos hoxe mesmo. Despois da nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música, poñémonos en contacto con ANIBAL BLANCO, da Adega TAPIAS DE MARIÑÁN, da D.O. Monterrei (En Verín. Ourense). Agradecémoslle a súa amable atención e enviámoslle os nosos desexos de benestar e saúde, a pesar da desolación e grande perda que sofriron este verán, con motivo dos devastadores incendios naquela contorna e que tamén lle afectaron a eles nunha finca-viña dunha extensión de oito hectáreas. Sentimos moito ese percance que lles afectou e desexamos que pronto se recuperen e sexan quen de restaurar o afectado. A verdade é que o seu relato, e o vivido, tivo que ser moi desagradable e moi doloroso. Enviámoslle moitos ánimos e desexámoslle que alomenos teñan unha colleita e vendima abondosa e chea de satisfacións, como o son o feito de que este verán lles concederan a Medalla de Ouro no Concurso "Decanter World Wine Awards 2025". Quinta das Tapias con 95 Puntos.
A segunda intervención-convidada é a nosa admirada cantautora e escritora "CARMEN PENIM - 2Na Fronteira". Saudámola coa súa propia música e felicitámola polo agasallo que nos fixo enviándonos un exemplar do seu libro recentemente publicado: "A corazón aberto. Aprendendo a SER". Un obra que nos engaiola, polo seu contido, pola súa escrita e polos audios que o acompañan. Como ela mesmo o indica na limiar: "O boxectivo deste libro, é axudarche a que te abras á escoita do teu propio corazón..." Comentamos con ela cómo foi a elaboración deste traballo, no que plasma moitas cousas vividas por ela mesma. Recomendamos que se acheguen á "Editorial Toxosoutos" para poder adquirilo ou que se poñan en contacto con ela directamente, que está disposta a envialo sin gastos (e coa súa situra e dedicación ao lector). Unha honra e un placer poder disfrutar da súa lectura.
Continuamos a emisión poñéndonos en contacto co noso correspondente an capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que o desenvolve ofrecéndonos tres apartados, como na anterior etapa: O Bule-Bulo, consistente na comunicación de varias noticias entre as que algunha delas non é verdadeira. Unha segunda parte: Que pasa, que pasa na Ribeira Sacra, na que nos facilita varias informacións sobre a Ribeira Sacra e de rabiosa actualidade. E un terceiro apartado co título "Sabedoría Popular", que ben sendo unha aportación lingüística, a modo de reflexión didáctica e que axúdanos a empregar máis profundamente o noso idioma.
Conectamos con XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten moitas cousas que aportarnos, pero como está en Galicia, aproveita para facernos unha crónica cativa dun evento que cubríu este verán, en nome da Radio: A entrega de nominacións no Couto MIXTO. Agradecémoslle a súa colaboración e participación. Quedamos para poder recibir máis informacións en vindeiras datas.
E finalizamos a emisión de hoxe conectando con MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Membro destacado da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Falamos no inicio deste novo curso, da próxima actuación no bairro de A Gavarra en próximas datas, así como tamén en Nou Barris, para o mes de outubro, das clases de Gaita e percusión, da Rosalieiras... etcetera... Agradecémoslle a súa aportación.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario