jueves, 27 de junio de 2019

XOVES 27 de San Xoan do 2019

Ultimo programa 2018-2019
O ultimo programa desta tempada 2018-19, que facemos coa presenza nos estudos do noso amigo, Antonio Díaz Fernández  e director da Revista LÚA NOVA, ademais de correspondente do Xornal Galicia no Mundo. A verdade é que tiñamos previsto realizar unha emisión destacada para finalizar a tempada. As propostas que tiñamos pensado fóronse cumplindo e así decorrer o programa de hoxe: En primeiro lugar desplazámonos a Lubián, para falar con Jonathan, Director da "Banda de Gaitas As Portelas", nesa localidade Zamorana, raiana e chea de musicalidade. Agradecémoslle a súa amable atención e información moi detallada sobre os próximos acontecementos previstos para este verán. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos voltar a comunicarnos con el na vindeira temporada.


A seguir conectamos novamente con Galicia, concretamente con Castro Caldelas, para falarmos coa súa Alcaldesa, dona Sara Inés Vega Núñez, a quen felicitamos por ter acadado maio´ria absoluta nas recén pasadas eleccións. Fainos unha "crónica" pormenorizada das moitas actuacións que realizaron na anterior lexilatura e adiántanos algunhas das próximas propostas que ten previsto realizar para mellora desta localidade declarada como un dos mellores e máis belos pobos de España. Agradecerlle que nos atenda tan cordialmente e desexarlle que continúe acadando éxitos.


Conectamos co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, que aproveita para saudarnos e despedirse ate a vindeira tempada que seguro voltaremos a contar con el na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e coa que sempre temos unha colaboración interesantísima.


Despois falamos con don Santiago Lorenzo Sueiro, que nos fala da próxima inauguración dunha das etapas do Camiño de Santiago prevista para o día 21 de setembro, que será entre Hostalrich e Sant Celoni, de tan só 19 quilómetros, Facilítanos un enderezo para poder apuntarse e participar nesta andaina xacobea: lblanco@alianzagalega.org. Tamén nos informa da súa faceta radiofónica os sábados ás 6 da tarde co seu programa: A hora de SUEIRO. Felicitámolo e desexámoslle ´´exitos.



E para finalizar esta tempada comentamos con Antonio Díaz Fernández a publicación da revista irmá de Lua Nova con motivo da Festa de Can Mercader, Tamén damos a coñecer a convocatoria do XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro, que ten de plazo ate o 15 de Outubro deste ano. 



Despedímonos ate o vindeiro 19 de SETEMBRO que comezaremos a próxima tempada 2019-20, na que vos prometemos incorporar novidades interesantes para mellorar un chisco esta nosa emisión de dúas horas en galego. Desexámosvos que teñades un fermoso verán. ¡Disfrutade e sede felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario