Unha nova emisión do noso programiña de dúas horas en galego. Comezamos coa sintonía de sempre e despois de escoitar as primeiras notas dunha peciña do CD: Rosalía en Cornellà, dámoslle paso ao primeiro convidado: FRANCISCO NARLA. Felicitámolo pola recente publicación dunha novela que leva por título: BALVANERA (colocamos a fotografía de portada ao final do texto de hoxe). Coméntanos que vai a ser presentado esta mesma tarde-noite en Lugo e que estará na Feira do Libro en Madrid. Tamén nos avanza un chisquiño sobre o argumento da propia novela e cómo se documentou para a súa escrita. Un traballo que seguro lle auguramos cheo de éxitos.
Conectamos co nos restaurador e amigo, Ubaldo Pérez, do Restaurante "Los Ancares" na rúa Robrenyo,74 (BCN). Tamén o parabenizamos porque retoma a celebración das Festas Gastronómicas mensuais, e este mes de maio, concretamente o domingo día 29 está previsto que realicen o xantar mensual con música galega "Carne ao Caldeiro", estilo galego propiamente, con carne dos Ancares. Tamén hai a posibilidade de elexir un menú alternativo, para aqueles que o desexen. Despois do xantar, retíranse a mesas e comezan as interpretacións musicais con gaita, acordeón, panderetas, tambor e bombo, para diversión de tódolos asistentes, sen nigún prezo adicional. Agradecémoslle a súa comunicación e información.
Finalizamos dando conta dunha recente actividade organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellá, consitente nunha excursión de dous día a Andorra e arredores. Tamén informamos da próxima celebración da "Festa Galega en Can Mercader", prevista para os día 17, 18 e 19 de xuño próximos.
Deixamos aquí o programa completo.