Xiana Lastra |
A continuación conectamos con XOAN CARLOS PASTOR, técnico químico ambiental, que xunto coa súa compañeira ZAIRA, están montando un proxecto de cosmética natural (pielnatura.com) e xa se estableceron na localidade galega de San Xoan de Río. Apostan polo Rural e ofrecen unha proposta de atención moi interesante para a saúde, como é a cosmética natural sólida e o compromiso de mellorar o aspecto e a saúde das persoas. Empregan produtos naturais e queren ofrecer unha atención personalizada e chea de novidades moi interesantes. Seguro que terán moita sorte.
Fran Fernández Davila |
Despois falamos con dona ELISA GUERRA, da Panadería Guerra e Vilariño de Conso. Agradecémoslle a súa atención e centrámonos e preguntarlle cales son os produtos que comercializa, pan, empanadas e doces de grande calidade, e moi particularmente as bicas de Vilariño, a Bica de Castañas (con fariña de castaña, da zona, claro) e o xa famoso "Montonico", un postre-doce moi delicado e moi aprezado na zona, que comercializa e ten moitas encargas grazas a "Delicias do Támega.es" e tamén "De.aldea". Desexámoslle moitos éxitos e moita sorte na súa andaina emprendedora e familiar.
Aproveitamos para publicar o cartel da "Festa Galega en Can Mercader" organizado pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, con motivo da "Festa Major" da vila, e na que destacamos a celebración da noite celta co Grupo galego "Ailá" e as nosas "Rosalieiras" para o venres día 9. O sábado día 10, a ofrenda de frores diante do busto de Rosalía no propio Parque. As actuacións das diferentes Asociacións Galegas e colaboradoras. A verbena coa Orquestra "Costa Dorada" de Lugo e os Gin Toni's de Sober; no intermedio folión con Fogos Artificiais. O domingo contiúan as actuación e antes de finalizar coa degustación dunha queimada, novamente verbena coa Orquestra "Costa Dorada".
Deixamos aquí o programa completo. Que teñan unha feliz semana.