jueves, 23 de enero de 2025

XOVES 23 de XANEIRO do 2925

Unha entrega máis do noso programa "Galegos no BAIX": dúas horas de Radio en galego, con novidades, música e entrevistas para dar a coñecer algo máis da nosa cultura, das "nosas cousas" e facervos partícipes do que seguro tamén participan os nosos oíntes e seguidores. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e escoitamos, en primicia unha estrea, unha peza do CD recen publicado do Grupo Musical "A Banda da Loba", para darlle a ben-vinda a MARÍA XOSÉ PORTEIRO, a quen parabenizamos por ter acadado o "III PREMIO MUNDIARIO DE PERIODISMO". Coméntanos as súas impresións relacionadas con ese galardón e agradecémoslle a súa amable atención, desexándolle que siga colleitando moitos éxitos.

A seguinte convidada é XIANA LASTRA, do Grupo Musical "A BANDA DA LOBA", que acaban de publicar o seu último CD: "LOVISMO". Recibímola escoitando unha das pezas dese disco, que estreamos en directo para tódolos nosos oíntes e seguidores. Parabenizámola e enviámoslle os mesmos desexos para todas, e moi especialmente para a que se estrea como "mai". Terán a presentación oficial deste traballo o próximo día un de febreiro na Sala Capitol, acompañadas de varios artistas que participan con elas no disco e que ofrecerán un concerto cheo de sorpresas. Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle que sempre nos reciban con tanto agarimo para poder informar aos nosos oíntes e seguidores.

Continuamos o programa conectando con ADOLFO (Fito para os amigos e máis achegados) F. Dafonte, grande escultor-artista e especialista con barro. Explícanos a súa técnica ancestral que consiste nun cocido moi antergo con excrementos de cabra e ovella, que ten moi documentado e investigado (e que continúa a investigar). As súas figuras teñen un acabado moi característico que lle-lo confire esa técnica de cocido durante moitas horas. Ten feito moitas exposicións e tamén ten recibido agasallos e premios de certa relevancia polos seus traballos. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.

Escoitamos outra peza de música e voltamos a Galicia, para conectar con ZE PAREDES, Actor Teatral, Artista e Escritor responsable do texto da obra que se estrenou esoutro día en Arteixo: "Territorios de Liberdade". Unha obra dirixida por Quico Cadaval, coproducción do Centro Dramático Galego, Companhia Certa de Varzim e Tanxarina Títeres. Tamén se representou en Matosinhos e Povoa de Varzim. Coméntanos que ese traballo ten moito a ver coa recreación e unha revisión histórica do 25 de abril, a revoluaçao dos cravos. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teñan moitos éxitos.


Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñemonos en contacto con XOSÉ MANUEL SENDÍN, de montesparanhos.com, que nos pon ao corrente da grande tarefa que están a realizar en Covelo, para dar a coñecer moitas das cousas que se realizaban naquela contorna, e moi concretamente o asunto da cera: Centro de interpretación da cera, obradoiro de cereiros, lagar da cera, a Ruta do Xabriña... Un lugar que paga a pena visitar pola súa riqueza etnográfica, paisaxística e natural. Desexamos que sigan acadando moitos éxitos nos proxectos que teñen en marcha. Escoitamos outro bocado de música e despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa completo-enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario