Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións oportunas e despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto con
Francisco Xabier Almuiña, da "Casa do Romualdo", unha Vivenda Rural chea de encanto. Mantemos unha conversa moi amena e chea de interesante comunicación. Fálanos de novidades relacionadas coa posibilidade de visitar e disfrutar de varias recomendacións sendeiristas
"Ruta embelesadora". Unha casa que data do século XVI, na que se pode disfrutar dunha gastronomía familiar e de proximidade, nun ambiente rural cheo de curiosidades e algunha que outra sorpresa de agasallo para os que teñen a ben alugarse nesta Casa, na Ribeira Sacra. Desexámoslle que teña moito éxito nesa tarefa e agradecémoslle a súa amable atención.
A segunda intervención é con
ALFONSO MIGUEL MARTÍN, de
ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña), que nos pon ao corrente da próxima realización da "Rolda de Prensa" prevista para o día 18 de xaneiro próximo, no Hotel Front Air de Sant Boi, onde se presentará a proposta do evento previsto para o mes de febreiro, concretamente o domingo día 16 o
"XXI Festival del BOTILLO en Cataluña", no mesmo hotel antes mencionado. Coméntanos que na presentación daranse a coñecer os nomes dos Homenaxeados diste ano, a Adega Colaboradora, o Concello Berciano, Ilustres Bercianos e o Premio Literario 2025. Tamén nos fala do menú e outras cousas interesantes. Pronto voltaremos a comunicarnos con Alfonso ou con cualquera outro compoñente da Asociación para que nos informen do prezo e da forma de adquisición dos tiquets de participación. Desexamos que sigan tendo moito éxito.
Continuamos a nosa emisión poñéndonos en contacto con FRANCISCO LÓPEZ, "CHESQUI", do Partido Galeguista, que nos comenta a realización de varios actos moi importantes, en especial o que tivo lugar o día 7 de xaneiro pasado, na vila de Rianxo, para comemorar o 75 cabodano do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Aproveita para comentar algunhas das actuacións nas que estivo presente ae participou xunto con outras representacións políticas e institucionais. Este ano será o ano de Castelao e seguro ue teremos ocasión de poder comentar con el moitas das actuacións que teñen previsto realizarse. Agradecémoslle a súa participación neste primeiro programa do ano.
E finalizamos as entrevistas conectando con Galicia, outra vez. Primeiro escoitamos a voz de Iñaki Gabilondo, poñendo en valor a "verdade", a paz e tranquilidade que ofrece o
"Hotel Literario Bela Fisterra". Precisamente co seu responsable:
PEPE FORMOSO, é con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista que nos enche de coñecemento e, de interesante comunicación sobre este establecemento que é un referente non só turístico senón tamén un lugar de aprendizaxe literario e lingüístico, xa que a súa biblioteca vai converténdose nun lugar de encontro e consulta de moitos intelectuais que escollen ese lugar para disfrutar dunha estancia inolvidable. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos. E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa enteiro-completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario