jueves, 13 de noviembre de 2025

XOVES 11 de NOVEMBRO do 2025

Un xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións de costume e un bocadiño de música pra recibir ao primeiro convidado de hoxe: XAN LEIRA, Director cinematográfico e escritor, con quen mantemos unha conversa moi interesante, relacionada con algún dos seus documentais. Infórmanos do documental que ten publicado, traballo relacionado co setenta e cinco aniversario da emisión radiofónica do programa "Sempre en Galiza" que se emite en Montevideo, que se estrenará a semana próxima en Montevideo. Pódese consultar na súa páxina de Youtube. Tamén nos fala o documental que homenaxea a don Xesús Alonso Montero, que recentemente foi elixido "Fillo predilecto no Concello de Lugo". Outra información relacionada con Castelao, sobre a técnica da lineografía. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.


A continuación, escoitando a música de Donicelas Folk Tradicional, e aproveitamos para poñernos en contacto precisamente cunha das súas compoñentes: ROSA GONZÁLEZ. Infórmanos da súa traxectoria, dos compoñentes actuais, das distintas intervencións e certames nos que teñen participado, do benqueridas que se atopan na súa localidade de procedencia, Salceda de Caselas. Temos a honra de ser primicia, para os nosos escoitantes e simpatizantes, dunha noticia importante: Próximamente, o día 30 deste mes concretamente, presentarán o seu traballo CD, que seguro será un exitazo, alomenos así lle-lo desexamos. Despedímola coa súa música, e desexámoslles moitos éxitos.


Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí", que nos pon ao corrente das moitas actividades e eventos que levan realizado últimamente: Oncolliga, no mes de outubro; Magosto con castañas e panellets, o día un de novembro; "Danzas ou Bailes do Camiño",  con xantar de categoría, o día 8 de novembro pasado; próxima actuación, xunto con outras Entidades Galegas o día 22 de novembro, no Templo da Sagrada Familia de Barcelona. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Recibimos a SANTI VELOSO, do "Ponte Nas Ondas". Parabenizámolo pola próxima presentación do "Cancioneiro Galego-Portugués", escrito polos investigadores Domingo Blanco e Carlos Nogueira. O día 29 de novembro farase a presentación oficial no Culturgal de Pontevedra. Infórmanos que se pode descargar na páxina web da propia entidade "Ponte nas Ondas", que contén unha morea de recursos para empregar nas aulas e nos colexios. Tamén teñen coplas musicadas. Unha conversa chea de informacións moi interesantes. Agradecémoslle a súa aportación ao noso programa.


Despedimos o programa e desexámoslle unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario