Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, nesta ocasión de Treixadura, para recibir á primeira convidada de hoxe: (Adela Clorinda Figueroa Panisse) CURRA FIGUEROA, bióloga, activista e escritora galega. Saudámola e felicitámola pola súa grande producción literaria. Mantemos unha conversa moi agradable, e danos a coñecer parte da súa creatividade, tanto no ámbito da poesía, como da narrativa e máis cousas interesantes que nos da a coñecer. Tamén nos comenta a obtención dalgúns Premios que ten recibido e aproveitamos para parabenizala. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
A segunda intervención-entrevista, é con PEDRO PÉREZ, Director xerente do GRUPO DUPLEX, grande divulgador no ámbito da xoiería e moi relacionado con grandes diseñadores e empresas dese ramo. Parabenizámolo por ter recibido o ALECRIN 2025 da FeGalCat. A divulgación que fai no ámbito da xoiería e a súa implicación en moitos aspectos do mundo das exposicións así como a súa participación en grandes congresos, como o CIBJO-2025, fai que sempre esté ao día das novidades que se producen. Agradecémoslle a súa amable atención.
Continuamos a emisión conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da Sección QUEN CHE PREGUNTOU? A súa crónica está composta de tres sub-seccións que comezan cunha entradiña musical. Como colofón a súa colaboración sempre ten a participación gravada dunha personalidade que aporta a súa proposta de sabedoría popular. Sempre é unha honra poder disfrutar da súa colaboración.
Escoitamos outro bocadiño de música, que como fixemos dende o comezo, pertence a TREIXADURA, e poñémonos en contacto con TONIÑO LÓPEZ, desa Agrupación Musical concretamente, para amosarlle o noso agradecemnto pola súa participación de hoxe no programa e polo agasallo que nos fixo chegar, consistente nos CDs publicados por Treixadura. Tamén nos serve para agasallar a MARTA LÓPEZ, que veu a visitarnos aos estudios. Unha sorpresa moi agradable e que lle agradecemos moi encarecidamente. Fálanos dunha próxima publicación prevista para dentro en moi pouco e que seguro se presentará no Auditorio Abanca de Vigo a principios do ano 2026.
Seguimos escoitando música de TREIXADURA e falamos con MARTA LÓPEZ BAQUEIRO, Profesora galega en San Vicenç dels Horts, que nos da a coñecer a súa experiencia e adaptación na sociedade catalana. Confesounos Toño que ela, cando tiña poucos anos, díxo: eu quero vir a vivir a Cataluña. E conseguiuno. Mantemos unha conversa distendida, comentado cousas da gastronomía galega, da zona onde procede, concretamente da península do Morrazo, da pesca, do mar Atlántico... agradecémoslle que nos visitara e sentímonos moi agradecidos pola súa visita.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario