jueves, 29 de enero de 2026

XOVES 29 de XANEIRO do 2026

Outra semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música (Jota de Toreno) para recibir a don VICENTE MIRÓN VÁZQUEZ, Alcalde do Excmo.Concello de Toreno, a quen recibimos dándolle os nosos parabens, posto que é o pobo elexido por ASOBECAT (Asocicación de Bercianos de Cataluña) para ser o pobo homenaxeado neste "XXII Festival del Botillo-2026", que se celebrará, próximamente, concretamente o día 15 de febreiro no Hotel FrontAir Congress de Sant Boi de Llobregat. Fainos un pequeno percorrido pola localidade, convídanos a visitalos que sempre seremos moi ben recibidos. Agradecémoslle a súa amable atención.

A continuación poñémonos en contacto con NACHO ÁLVAREZ, da Adega "Pago de los Abuelos", en Puente Domingo Flores. Tamén o parabenizamos porque esta será a Adega que colaborará cos seus viños (Godello e Mencía) no "XXII Festival del Botillo 2026". Entregaráselle o Botillo-Homenaxe, como Adega escollida este ano. Coméntanos que é unha pequena adega que produce uns viños de calidade que teñen a D.O. Bierzo, pero coa distinción de "viticultura heroica". Descríbenos cómo traballan os seus productos, comentamos que foron premiados como o mellor mencía no ano 2014 e tamén nos convida a visitar a súa adega. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Conectamos agora con Galicia, concretamente con Becerreá, onde se atopa PILAR DEIROS DÍAZ, que xunto con outras dúas donas están a levar adiante un traballo moi interesante, centrado na recollida e distribución de animais de compañía (cans e gatos) nuha finca chamada "Refuxio de Becerreá". Encárganse de recoller eses animais que foron abandonados e nalgúns casos maltratados, para acollelos, recuperalos e buscarlle algunha casa para que os adopten e os acollan. Desexamos que teñan moito éxito.

Falamos con PACO DIÉGUEZ BLANCO, artesán de Máscaras de Peliqueiros en Matamá - Laza. A súa dedicación para a elaboración de máscaras forma parte da grande aportación ao Entroido da súa localidade, herdada dos seus avós e que continúa nos seus fillos e netos. O seu taller tamén recibe alumnos para aprender a confeccionar esas caretas. Fálanos das celebracións tradicionais cheas de engado, a saída dos Peliqueiros, que visitan as casas dos veciños onde son convidados a degustar a bica acompañada de licores; o lúns de entroido, a saída da Morena coas formigas, as farrapadas... etcétera. Todo un proceso que forma parte da tradición popular e que recomenda non asistir como "mirandas" senón participando no Entroido e disfrutando destas festas acompañando aos Peliqueiros e Folións, así como as degustacións gastronómicas desta época. Desexámoslle moitos éxitos e que teña un ¡Feliz Entroido!

Despedímonos ata o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro

jueves, 22 de enero de 2026

XOVES 22 de XANEIRO do 2026

Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: XERARDO F. Santomé, da Asociación "Xistra de Coruxo" que felicitamos pola publicación dun libro con CD, que leva por título:“Proxecto Soutullo. Gaiteiros e bandas de música de Ponteareas anteriores a 1950". Un traballo con moitísima documentación e moi interesante. Infórmanos de cómo conseguiro a edición dese traballo e indícanos que se pode adquirir poñéndose en contacto con eles ou no seu enderezo: xistra@xistra.info, e tamén poñendose na páxina de facebook, onde atoparán o contacto. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moito éxito.

Continuamos o programa, con música outra vez, para poñernos en contacto con JOSE FRANCISCO RODRÍGUEZ ALLER, músico e escritor, que é a persoa elexida pola Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT) para ser homenaxeado como escritor neste próximo "XXII Festival del Botillo 2026". Agradecémoslle a súa amable atención e felicitámolo pola eleción. Coméntanos alguna das súas creacións literarias, entre as que destacamos unha relacionada coa extración do wolframio no Bierzo: "El wolframio en el Bierzo". Outra novela interesante é "Picasso en Gósol" e unha novela negra "Después de un sueño" que ten como protagonista o equipo de futbol da Ponferradina.

Seguimos escoitando música que nos sirve para recibir a RUBÉN FERNÁNDEZ, da Casa Castelao, na Fonsagrada. Felicitámolo porque volve a ser unha das persoas que contribúe a realización da "XXIX Feira do Butelo de A Fonsagrada", que se celebrará os días 7 e 8 de febreiro próximos. Coméntanos algunhas novidades interesantes que ofrecen aos seus clientes. A Casa Castelao é unha empresa que procura ofrecer os seus productos de calidade con responsabilidade e agarimo. Destacamos os chourizos da abuela, que é unha dasa recomendacións máis importantes, xa que ese produto é unha homenaxe a súa propia avoa Carmen, que contén ademais a súa propia receta. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende Monforte de Lemos colabora coa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Agradecémoslle a súa colaboración.

Conectamos novamente con Galicia para dirixirnos concretamente a Bueu, e falamos con ESTRELLA, a dona e xerente do "Restaurante Estrellita". Este establecemento está especializado en marisco e peixe da Ría. Os seus arroces son pratos moi soliticados e as Centolas, nécoras, navallas, zamburiñas, cigaliñas ou camaróns, son bocados moi demandados que para poder degustalos é preciso chamar con antelación para reservar. Un dos arroces que ten moito aceptación e demanda é o arroz con bogabante. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga tendo moita clientela.

Anunciamos a próxima "Rolda de Prensa" que teñen previsto realizar os de ASOBECAT, o próximo día 24 de xaneiro, no Hotel Front Air de Sant Boi, a partir das 18h da tarde, anunciando a celebración do "XXII Festival do Botillo 2026", previsto para o día 15 de febreiro. Aproveitamos para despedir o programa e convidalos a que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.

jueves, 15 de enero de 2026

XOVES 15 de XANEIRO do 2026

Comezamos un xoves máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado do hoxe: ALFONSO MIGUEL MARTIN, Vicepresidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña). Agradecémoslle a súa amable atención e recibimos cumprida información sobre a próxima celebración do "XXII Festival do Botillo - 2026" en Cataluña. En primeiro lugar adiántanos que o día 24 de xaneiro farase unha Rolda de Prensa para presentar o Festival, no Hotel Front-Air de Sant Boi, onde se celebrará o día 15 de febriero no mesmo hotel do ano pasado. Coméntanos algunhas cousas relacionadas cos homenaxeados deste ano. En primeiro lugar será homenaxeada unha Doctora de grande prestixio: Dra. Marisa López Teijón, doctora en medicina, xinecóloga, investigadora, moi coñecida pola súa traxectoria no ámbito da reprodución asistida, e pola súa participación en proxectos relacionados coa innovoación e vivenda colaborativa. O escritor elexido é don J.F. Rodríguez Aller, músico e escritor; o pobo elixido é Toreno y a Adega homenaxeada e colaboradora será: Adega Pago de los Abuelos, afincada en Ponte Domingo Flores. Desexamos que teñan moito éxito.
 

A continuación, e despois de escoitar outro bocadiño de música poñémonos en contacto con dona MANOLA PORTO ARIAS, de "Radio Onda Cero" en Monforte de Lemos. Grande profisional da Comunicación a quen prabanizamos polo seu traballo non só radiofónico, senón tamén noutros aspectos como ser pregoeira das festas de Monforte de Lemos, aínda que xa fai un tempo delo. Conversamos agradablemente con ela e infórmanos dalgúns aspectos destacados da Ribeira Sacra, que ela coñece moi ben. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Recibimos a ALVARO VOCES; Presidente da Asociación Cultural TOXOS E XESTAS. Felicitámolo polas diferentes actividades que levaron a cabo en datas anteriores, como foron as súas actuacións no San Patri de Madrid, e nas Festas de Zaragoza, onde tiveron moita audiencia e moitos éxitos. Anúncianos os dos próximos eventos: "CANTOS DE TABERNA", para o día 28 de febreiro e o Terceiro Encontro "Dia Internacional da Gaita", previsto para o día 14 de marzo, e no que terán a participación de convidados excepcionales, entre os que se atopa un grupo de Alemania e outro de Girona. Desexamos que teñan moitos éxitos.

Continuamos a eminsión entrevistando a dona SARA INES VEGA NÚÑEZ, Alcaldesa de Castro Caldelas, que moi amablemente nos recibe e infórmanos da próxima celebración da "Festa dos Fachós 2026", prevista para o día 19 de xaneiro. Esta procesión do lume, que se celebra polas rúas do casco antigo da vila, sempre ten unha curiosidade e pequeno segredo: a lonxitude do Fachón ten que ter unha medida mínima de trinta metros, pero o a no pasado chegou a trinta e oito metros. Iste ano seguro que se superará. Despois disfrutarase da degustación de chourizos do Castro, viño da D.O.Ribeira Sacra e finalizarase cun queimada. Todo elo acompañado de música. Desexámoslles que teñan moita participación e disfrute.

Escoitamos a peza musical: Rumba NEGRA, de Rubén Gutiérrez (Peitoescuro), un cantautor labrego do rural. Este é un single que nos envióu para disfrutalo cos nosos escoitantes e seguidores, que lle agradecemos e parabenizámolo por ese traballo. A verdade é que ten o seu mérito xa que a súa profisión (enxeñeiro agrícola) está moi relacionada co rural, o traballo forestal nos bosques, e cando finaliza esa tarefa é cando colle a súa guitarra e fai composicións musicais. En vindeiras datas sairá ao prelo un seu traballo musical que presentará aló polo verán e nosoutros encargarémonos de presentalo nos nosos programas. Desexámoslle moitos éxitos.

Despedimos o programa escoitando unha peciña de música de fondo e desexando que teñan unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 8 de enero de 2026

XOVES 8 de XANEIRO do 2026

Comezamos a nosa andaina radiofónica emitindo o primeiro programa do ano 2026. Escoitamos a nosa sintonía, saludamos a tódolos escoitantes e seguidores ofrecéndolles unha peza musical, concretamente unha Panxoliña que nos servirá para recibir ao primeiro convidado. MANUEL RIVERO PÉREZ, un grande amigo, investigador e escritor, a quen parabenizamos pola recente celebración dun acto de recoñecemento especial, a entrega dos Bíteres de Honra, en memoria de Aurora Sampedro. Explícanos cómo foi ese evento e a quen se lle entregaron eses galardóns. Este acto que foi presentado por Bernardo Penabade, fíxose en Canteiro, San Pedro de Benquerencia (Barreiros). Agradecémoslle a súa detallada información e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Continuamos escoitando outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con ELIGIO SUEVOS, responsable na Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida, que nos da a coñecer a próxima celebración da Festa "Matanza do Porco", que teñen previsto realizar o vindeiro 25 de xaneiro nos locais da Entidade que teñen en Pardinyes. Convídanos a participar. Tamén nos da a coñecer a seguinte actividade que ten moito que ver coa celebración da Semana Cultural do Centro Galego, prevista para o mes de febreiro, coincidindo co Entroido. Nese acto presentarase a revista do Centro: Xurdimento, que é unha edición moi coidada e que contén un resumo das actividades do Centro e gran cantidade de artigos moi interesantes. Desexamos que teñan moito éxito.

A seguinte participante, convidada é a ferrolana Alicia Prisiciliana Sánchez Iglesias, coñecida como ALICIA LOUZAO. Filóloga, Profesora e escritora. Parabenizámola porque é a gañadora do 2º Premio do "39 Certame de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro de Cornellà", polo traballo co título: "A Primeira notie do Rei Centolo". Mantemos unha conversa distendida relacionada coa súa creatividade poética. Tamén nos fala dunha próxima publicación dun seu libro. Outra novidade que nos comenta é a súa participación nun Certame Poético que se celebrará en Valencia. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.
 

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto novamente con Galicia, para recibir a CARMEN GÓMEZ GARCÍA, outra poeta que acaba de recibir o 1º Premio do "39 Certame de Poesía en língua Galega Rosalía de Castro de Cornellà". Parabenizámola polo seu traballo que leva por título: "ELAS". Tal e como ela mesmo nos comenta esa creación poética é unha reivindicación da muller galega traballadora; dinos que a súa creación ten como referencia aos seus antepasados, concretamente a súa avoa e a súa nai. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito.

Despedímonos do programa ata o vindeiro xoves á mesma hora, desexando que teñan unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.