jueves, 15 de enero de 2026

XOVES 15 de XANEIRO do 2026

Comezamos un xoves máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado do hoxe: ALFONSO MIGUEL MARTIN, Vicepresidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña). Agradecémoslle a súa amable atención e recibimos cumprida información sobre a próxima celebración do "XXII Festival do Botillo - 2026" en Cataluña. En primeiro lugar adiántanos que o día 24 de xaneiro farase unha Rolda de Prensa para presentar o Festival, no Hotel Front-Air de Sant Boi, onde se celebrará o día 15 de febriero no mesmo hotel do ano pasado. Coméntanos algunhas cousas relacionadas cos homenaxeados deste ano. En primeiro lugar será homenaxeada unha Doctora de grande prestixio: Dra. Marisa López Teijón, doctora en medicina, xinecóloga, investigadora, moi coñecida pola súa traxectoria no ámbito da reprodución asistida, e pola súa participación en proxectos relacionados coa innovoación e vivenda colaborativa. O escritor elexido é don J.F. Rodríguez Aller, músico e escritor; o pobo elixido é Toreno y a Adega homenaxeada e colaboradora será: Adega Pago de los Abuelos, afincada en Ponte Domingo Flores. Desexamos que teñan moito éxito.
 

A continuación, e despois de escoitar outro bocadiño de música poñémonos en contacto con dona MANOLA PORTO ARIAS, de "Radio Onda Cero" en Monforte de Lemos. Grande profisional da Comunicación a quen prabanizamos polo seu traballo non só radiofónico, senón tamén noutros aspectos como ser pregoeira das festas de Monforte de Lemos, aínda que xa fai un tempo delo. Conversamos agradablemente con ela e infórmanos dalgúns aspectos destacados da Ribeira Sacra, que ela coñece moi ben. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Recibimos a ALVARO VOCES; Presidente da Asociación Cultural TOXOS E XESTAS. Felicitámolo polas diferentes actividades que levaron a cabo en datas anteriores, como foron as súas actuacións no San Patri de Madrid, e nas Festas de Zaragoza, onde tiveron moita audiencia e moitos éxitos. Anúncianos os dos próximos eventos: "CANTOS DE TABERNA", para o día 28 de febreiro e o Terceiro Encontro "Dia Internacional da Gaita", previsto para o día 14 de marzo, e no que terán a participación de convidados excepcionales, entre os que se atopa un grupo de Alemania e outro de Girona. Desexamos que teñan moitos éxitos.

Continuamos a eminsión entrevistando a dona SARA INES VEGA NÚÑEZ, Alcaldesa de Castro Caldelas, que moi amablemente nos recibe e infórmanos da próxima celebración da "Festa dos Fachós 2026", prevista para o día 19 de xaneiro. Esta procesión do lume, que se celebra polas rúas do casco antigo da vila, sempre ten unha curiosidade e pequeno segredo: a lonxitude do Fachón ten que ter unha medida mínima de trinta metros, pero o a no pasado chegou a trinta e oito metros. Iste ano seguro que se superará. Despois disfrutarase da degustación de chourizos do Castro, viño da D.O.Ribeira Sacra e finalizarase cun queimada. Todo elo acompañado de música. Desexámoslles que teñan moita participación e disfrute.

Escoitamos a peza musical: Rumba NEGRA, de Rubén Gutiérrez (Peitoescuro), un cantautor labrego do rural. Este é un single que nos envióu para disfrutalo cos nosos escoitantes e seguidores, que lle agradecemos e parabenizámolo por ese traballo. A verdade é que ten o seu mérito xa que a súa profisión (enxeñeiro agrícola) está moi relacionada co rural, o traballo forestal nos bosques, e cando finaliza esa tarefa é cando colle a súa guitarra e fai composicións musicais. En vindeiras datas sairá ao prelo un seu traballo musical que presentará aló polo verán e nosoutros encargarémonos de presentalo nos nosos programas. Desexámoslle moitos éxitos.

Despedimos o programa escoitando unha peciña de música de fondo e desexando que teñan unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario