Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: XERARDO F. Santomé, da Asociación "Xistra de Coruxo" que felicitamos pola publicación dun libro con CD, que leva por título:“Proxecto Soutullo. Gaiteiros e bandas de música de Ponteareas anteriores a 1950". Un traballo con moitísima documentación e moi interesante. Infórmanos de cómo conseguiro a edición dese traballo e indícanos que se pode adquirir poñéndose en contacto con eles ou no seu enderezo: xistra@xistra.info, e tamén poñendose na páxina de facebook, onde atoparán o contacto. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moito éxito.
Continuamos o programa, con música outra vez, para poñernos en contacto con JOSE FRANCISCO RODRÍGUEZ ALLER, músico e escritor, que é a persoa elexida pola Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT) para ser homenaxeado como escritor neste próximo "XXII Festival del Botillo 2026". Agradecémoslle a súa amable atención e felicitámolo pola eleción. Coméntanos alguna das súas creacións literarias, entre as que destacamos unha relacionada coa extración do wolframio no Bierzo: "El wolframio en el Bierzo". Outra novela interesante é "Picasso en Gósol" e unha novela negra "Después de un sueño" que ten como protagonista o equipo de futbol da Ponferradina.
Seguimos escoitando música que nos sirve para recibir a RUBÉN FERNÁNDEZ, da Casa Castelao, na Fonsagrada. Felicitámolo porque volve a ser unha das persoas que contribúe a realización da "XXIX Feira do Butelo de A Fonsagrada", que se celebrará os días 7 e 8 de febreiro próximos. Coméntanos algunhas novidades interesantes que ofrecen aos seus clientes. A Casa Castelao é unha empresa que procura ofrecer os seus productos de calidade con responsabilidade e agarimo. Destacamos os chourizos da abuela, que é unha dasa recomendacións máis importantes, xa que ese produto é unha homenaxe a súa propia avoa Carmen, que contén ademais a súa propia receta. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que dende Monforte de Lemos colabora coa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Agradecémoslle a súa colaboración.
Conectamos novamente con Galicia para dirixirnos concretamente a Bueu, e falamos con ESTRELLA, a dona e xerente do "Restaurante Estrellita". Este establecemento está especializado en marisco e peixe da Ría. Os seus arroces son pratos moi soliticados e as Centolas, nécoras, navallas, zamburiñas, cigaliñas ou camaróns, son bocados moi demandados que para poder degustalos é preciso chamar con antelación para reservar. Un dos arroces que ten moito aceptación e demanda é o arroz con bogabante. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga tendo moita clientela.
Anunciamos a próxima "Rolda de Prensa" que teñen previsto realizar os de ASOBECAT, o próximo día 24 de xaneiro, no Hotel Front Air de Sant Boi, a partir das 18h da tarde, anunciando a celebración do "XXII Festival do Botillo 2026", previsto para o día 15 de febreiro. Aproveitamos para despedir o programa e convidalos a que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.





No hay comentarios:
Publicar un comentario