Comezamos a nosa andaina radiofónica emitindo o primeiro programa do ano 2026. Escoitamos a nosa sintonía, saludamos a tódolos escoitantes e seguidores ofrecéndolles unha peza musical, concretamente unha Panxoliña que nos servirá para recibir ao primeiro convidado.
MANUEL RIVERO PÉREZ, un grande amigo, investigador e escritor, a quen parabenizamos pola recente celebración dun acto de recoñecemento especial, a entrega dos Bíteres de Honra, en memoria de Aurora Sampedro. Explícanos cómo foi ese evento e a quen se lle entregaron eses galardóns. Este acto que foi presentado por Bernardo Penabade, fíxose en Canteiro, San Pedro de Benquerencia (Barreiros). Agradecémoslle a súa detallada información e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Continuamos escoitando outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con
ELIGIO SUEVOS, responsable na Xunta Directiva do
Centro Galego de Lleida, que nos da a coñecer a próxima celebración da Festa "Matanza do Porco", que teñen previsto realizar o vindeiro 25 de xaneiro nos locais da Entidade que teñen en Pardinyes. Convídanos a participar. Tamén nos da a coñecer a seguinte actividade que ten moito que ver coa celebración da Semana Cultural do Centro Galego, prevista para o mes de febreiro, coincidindo co Entroido. Nese acto presentarase a revista do Centro:
Xurdimento, que é unha edición moi coidada e que contén un resumo das actividades do Centro e gran cantidade de artigos moi interesantes. Desexamos que teñan moito éxito.

A seguinte participante, convidada é a ferrolana Alicia Prisiciliana Sánchez Iglesias, coñecida como
ALICIA LOUZAO. Filóloga, Profesora e escritora. Parabenizámola porque é a gañadora do 2º Premio do
"39 Certame de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro de Cornellà", polo traballo co título: "A Primeira notie do Rei Centolo". Mantemos unha conversa distendida relacionada coa súa creatividade poética. Tamén nos fala dunha próxima publicación dun seu libro. Outra novidade que nos comenta é a súa participación nun Certame Poético que se celebrará en Valencia. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.
Continuamos a emisión poñéndonos en contacto novamente con Galicia, para recibir a CARMEN GÓMEZ GARCÍA, outra poeta que acaba de recibir o 1º Premio do "39 Certame de Poesía en língua Galega Rosalía de Castro de Cornellà". Parabenizámola polo seu traballo que leva por título: "ELAS". Tal e como ela mesmo nos comenta esa creación poética é unha reivindicación da muller galega traballadora; dinos que a súa creación ten como referencia aos seus antepasados, concretamente a súa avoa e a súa nai. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito.
Despedímonos do programa ata o vindeiro xoves á mesma hora, desexando que teñan unha feliz semana.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario