viernes, 17 de noviembre de 2017

XOVES 16 de Novembro do 2017

Un programiña máis de dúas horas en galego. Comezamos conectando con LUCÍA PÉREZ, esa cantautora galega que nos representou na Eurovisión do 2011, e que segue a colleitar éxitos na súa traxectoria profesional. Agora mesmo está a presentar un programa na Radio Televisión Galega, tódolos luns: "Quérote tanto", que está a ter moito éxito. Tamén nos informa da súa participación, nesta vindeira fin de semana, nun concerto en Pamplona, a beneficio do proxecto Home.


A segunda conversa é con DANIEL ARZA, de CAURELOR, que nos da cumprida información das novidades e propostas que están a confeccionar para este Nadal. Sempre nos atende con amabilidade.


Continuamos na segunda hora coa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes. Os seus Me ghustan e Non Me Ghustan sempre teñen un punto de retranca galega moi interesante, e finaliza a súa intervención cun comentario moi axeitado sobre a frase "Quítalle algo..." A súa aportación creativa fai referencia a un "cabodano" de tristes consecuencias para Galicia.


A ultima intervención é unha entrevista que nos concedeu don Xosé Lois Lamazares, da Empresa "Galletas Daveiga", radicada en Chantada e que nos fala dos difíciles comezos e da actual situación boiante e próspera que está a ter moita demanda, especialmente en Portugal. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle moitos éxitos nos seus proxectos e obxectivos.


A vindeira semana voltaremos. non deixedes de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario