Unha semaniña máis, con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego. Comezamos coa intervención dun Escultor-Artesán da madeira e da pedra, ubicado en Sàrria, en pleno "Camiño de Santiago". Dámoslle a benvida, pois, a don JOSE LUÍS GARCÍA MOREIRA, propietario do Obradoiro "ARTE-SAN". Unha conversa moi interesante e enriquecedora.
Continuamos con outro Artesán, esta vez de PAN. Don MANUEL BARREIRO, propietario da Panadería-Pastelería ANXEMI, de Pontevedra, que nos pon ao corrente das súas creacións e investigacións relacionadas co pan tradicional e artesán, así como as ofertas de pastelería, que está a ter tanto éxito no seu entorno.
A seguinte entrevista é a dona Mari Carmen Verea, coordinadora da "30 Festa da Castaña no Caurel" que nos comenta as actividades a realizar o vindeiro día 4 de novembro para celebrar esa Festa declarada de Interese Público.
Para finalizar conectamos con David López, membro do Centro de Desenvolvemento Rural dos Ancares, concretamente de Cervantes. Agradecémoslle a súa amable atención.
Desexamos que pasen unha feliz semana. O vindeiro xoves agardámosvos outra vez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario