Comezamos o programa conectando con XOAN CURIEL, cantautor galego nado en Fonsagrada que nos comenta as últimas intervencións, concertos e demáis actuacións na súa carreira profesional, así como a pronta edición dun seu CD que porá no prelo no primeiro trimestre do ano 2018. Agradecémoslle a súa atención e participación no noso programa.
En segundo lugar conectamos con ELENA FERRO a zoqueira máis internacional que temos en Galicia. Explícanos a evolución da Tenda-Taller de Eferro, así como tamén das súas creacións artísticas, que se poden adquirir por Internet, na súa páxina web (http://elenaferro.com/es/), e que ten unha actividade nas Redes Sociais moi importante. Desexámoslle moitos éxitos.
Nesta segunda hora, como cada semana, Xosé Manuel F. Montes, o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, fainos partícipes das súas reflexións cando nos amosa os seus MeGhustan e NonMeGhustan, que argumenta moi axeitadamente. Tamén nos envía o seu debuxo para compartir, alusivo ao programa.
Tamén falamos con don JUAN R.GOMEZ DACAL, do CENTRO GALEGO DE LLEIDA, encargado da páxina (blog) do Centro: "Cengallei", coordenador e director da Revista "Xurdimento" do Centro. Fainos unha crónica moi completa e exahustiva das actividades que están a levar a cabo, con motivo da celebración da "Semana Cultural das Casas Rexionais de Lleida". Aproveitamos para facerlle algunhas preguntas máis sobre as Actividades da Entidade. Agradecémoslle a súa atención.
Comentamos tamén as Actividades, que se levaron a cabo o sábado pasado, na A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, con motivo da entrega dos Premios do "31 Certame de Poesía Rosalía de Casto", e damos a coñecer os nomes dos gañadores, que próximamente tentaremos entrevistar na nosa radio. E antes de finalizar o programa aínda temos tempo de falar da "IIIª Gala-Xantar de GALICIAME" que se celebrará en Cambados o día 8 de decembro, concretamente nas Adegas Condes de Albarei. Esta Gala que será presentada por Belén Xestal e o noso compañeiro Armando Fernández.
Agardamos que pasen unha feliz semana. O vindeiro xoves aquí estaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario