Este xoves tivemos que emitir o programa gravado, por mor de certas obrigas persoais e outros quefaceres ineludibles, pero coidamos que poidemos emitir un programa entretido e feiticeiro. En primeiro lugar, disculpámonos por non facelo en directo e despois ofrecémoslles unha entrevista-coloquio con MANUEL RIVAS, ese grande escritor galego que ven de recibir o Premio Nacional das Letras. Mantén un coloquio moi engrescador con SUSANA PEDREIRA, o dia 1 de decembro no CULTURGAL-2024, e que puidemos escoitalos en directo e participar co resto dos asistentes, que foron moitos.
A segunda intervención é con XOAN ARCO DA VELLA, un grande viaxeiro e reporteiro gráfico que participac connosco no programa irmá "Semprengalicia" de Radio Cornellà, tódolos sábados, dándonos a coñecer moitos e interesantes lugares da nosa xeografía galega. mantemos unha conversa-entrevista para coñecer mellor a súa traxectoria e cómo se aficionou a esa tarefa tan engaiolante que é recopilar información gráfica, e por veces tamén con audios e videos moi interesantes. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.
E finalizamos cunha pequena escolla de pezas musicais que se atopan no libro-CD de BEATRIZ BUSTO MIRAMONTES, "Pandereteiras de Mens". Un traballo de recopilación e recolla de pezas musicais interpretadas polas Pandereteiras de Mens. Trátase dun estudio no que a autora tenta afondar na vida das cinco primeiras mulleres que, sendo campesiñas, tiveron unha presencia moi visible no panorama da música folcklórica e no futuro musical do país así como da súa propia vida, dende que no ano mil novecentos setenta e dous subiron, por primeira vez ao escenario do Teatro Colón de A Coruña.
Deixamos aquí o programa Enteiro - Completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario