Comezamos unha nova emisión do "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para despois poñernos en contacto con LOLA SANTOS, a YayaDj (en Facebook), de Pontevedra, a quen saludamos e felicitamos polo traballo que desenvolveu no CULTURGAL-2024 este ano. A súa experiencia foi moi positiva e fíxonos partícipes das súas impresións nese evento. Tamén nos falou da súa labor tan particular, dedicada á inclusión de personas con necesidades especiais, do seu traballo dedicado á igualdade e á inclusión social con persoas de alto risco. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Conectamos con MAXI MILENA, da Plataforma www.HI GALICIA.com. Dámoslle a ben-vinda e agradecémoslle que nos reciba tan amablemente. Fálanos de cómo foi a creación desta ferramenta tan importante para os emprendedores galegos. Maxi foi a creadora-fundadora desta plataforma. Forman parte do equipo que a dirixe a súa familia, pero tamén Xoan Arco da Vella e JULIA ESPINOZA, enxeñeira e directora de tecnoloxía do producto que nos está a presentar. Felicitámola e desexamos que teñan moitos éxitos.
Seguimos adiante e poñémonos en contacto con MARITA, Galería de Arte Dodo Dadá, en Ourense. Parabenizámola polo traballo presentado e desenvolvido no CULTURGAL-2024 en Pontevedra, que foi onde a coñecimos. Están a realizar un traballo de Arte moi importante na cidade, acompañado de clases de pintura e debuxo. As exposicións que veñen realizando na súa Galería están a ter unha grande afluencia e est+an recibindo moitas críticas favorables. Agradecémoslle a súa aportación.
Damos a coñecer algunhas informacións relacionadas coa nos Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO, de Cornellà, que ven de presentar o seu libro "CERTAME DE POESÍA Rosalía de Castro (2019-2023)", que se fixo no CULTURGAL-2024, en Pontevedra o día 29 do pasado mes de novembro. Volveuse a repetir a presentación na Sede da Entidade o día 7 de decembro, contando coa participación do Secretario Xeral da Lingua Galega, don Valentín García.
Recibimos a crónica do noso correspondente, XOSÉ MANUEL F. MONTES, na capital da Ribeira SACRA -MONFORTE DE LEMOS-, encargado da remodelada Sección: QUEN CHE PREGUNTOU?, que contén novidades moi interesantes. Despedimos ao noso correspondente e tamén nos despedimos nosoutros ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario