domingo, 1 de diciembre de 2024

XOVES 28 de NOVEMBRO do 2024

Poetas interviñentes
A emisión deste xoves foi "enlatada", porque tivemos que desprazarnos ao CULTURGAL-2024, en Pontevedra, xa que o día vintenove, ás catro da taarde, presentamos o libro do "Certame de Poesía Rsalía de Castro (2019-2023)". Gravamos as intervencións de varios participantes no noso programa, que moi amablemente nos recibiron e que describimos a continuación. A primeira intervención é a de STELLA MARIS GONZÁLEZ BALBUENA, traductora e poeta que nos fala da celebración dun "Recital poético plurilingüe" e enviounos os audios das recitacións que interviñeron. Parece que lle faltou comentar a participación de ELISABETH OLIVEIRA, aproveitamos para mencionala.

A segunda gravación pertence ao noso colaborador LUÍS LOSADA, que nos fala dun libro de FABIO RIVAS, acompañado da lectura de pasaxes que se atopan no libro: "A PINTURA DEBIDA". A súa participación ven adubiada cunha música de fondo moi ben escollida. Sempre nos sorprende coa súa aportación pola que fai desexar ler esa proposta literaria. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexamos que nos siga deleitando coas súas aportacións.

Falamos con, HENRIQUE FERNANDEZ-MON SÁNCHEZ, Kique para os amigos. Danos a coñecer a súa pequena recolleita de olivas coas que foi quen de elaborar uns litriños de aceite, nunha almazara que teñen en Quiroga. Ao parecer están a recuperar o cultivo de dúas especias de olivos que teñen moita aceptación e unha demanda moi importante en diversos establecemento hoteleiros e certos Restaurante de prestixio, pola clalidade e bon producto que estan elaborando. Agradecémoslle a súa intervención.

E finalizamos coa entrevista que mantivemos con SILVIA MOTA LOPES, unha escritora, poeta e pintora portuguesa que ven de recibir o Premio aRi(t)mar Galiza e Portugal-2024, polo seu poema "Há mulheres que  trazem..." Parabenizámola. Fálanos da súa traxectoria creativa, dalgunhas das súas pinturas que acompañan aos seus poemas, e agasállanos coa lectura de dous poemas feiticeiros. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle que siga colleitando moito éxitos.

Deixamos aquí o programa enteiro-completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario