¡¡¡ FELIZ DESPEDIDA DE ANO E VENTUREIRO ANINOVO 2017 !!!
Que disfrutedes dunha fermosa despedida de ano vello 2016, e unha venturosa entrada de aninovo 2017, cheo de engado, benestar e brindando a carón dos vosos.
Ven agora a sección do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, QUE CHE PREGUNTOU? que sempre ten un ingredente de retranca interesantísima e tamén recolle noticias de certa relevancia no ambente galego. Acaba a súa aportación coas súas frases de "O galego éche así"... ademais de mandarnos a súa aprotación creativa en forma de viñeta, relacionada coa emisión de hoxe.
Na segunda hora o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? fai un percorrido polas noticias e informacións que el mesmo escolle para todos nosoutros e termina coa súa recolleita de frases feitas sobre "o galego é así". Acompáñanos, coma sempre, o seu debuxo e creación artística semanal, alusiva aos contidos do programa.
Na segunda hora comunicámonos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que ademais de propoñer unha pregunta moi axeitada a este tempo de xantares de inverno, tamén nos pon ao corrente de varias e interesantes novidades relacionadas coa nosa comunidade galega, e facer unha mención especial á celebración que se fará mañá no día internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que sempre ten preparadas varias noticias e informacións interesantes, algunhas delas con retranca. Tamén nos envía a súa aportación ilustrada de cada semana, que aproveitamos para compartir con todos vosoutros.
Tócanos a conexión coa capital da Ribeira SACRA, Monforte, onde nos recibe Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparada a súa intervención con noticias e informacións retranqueiras. A viñeta de hoxe vai adicada ao SAMAIN, unha festa moi ancestral e chea meigallo.
Na segunda hora, coma sempre, conectamos coa capital da Ribeira Sacra, Monforte, onde nos recibe o noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que ten preparadas as súas "noticias retranqueiras" cheas de interese, e envíanos a súa creción artística relacionada con algo que fai referencia ao programa de hoxe; neste caso a noticia do empregado que tiña gardadas unha morea de cartas...
A segunda hora sempre está reservada para conectar coa capital da Ribeira Sacra e falar co noso correspondente en Monforte, Xosé Manuel F, Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparadas as súas informacións e noticias cheas de interese. E acaba enviándonos a súa participación debuxada.
A segunda hora, reservada, coma sempre, para o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre ten preparadas informacións moi interesantes e reflexións que pagan a pena. Despois de facer un "repaso" ás pasadas eleccións e outras cousas acontecidas na semana pasada, remata cunha frase chea de retranca e moi "ocurrente", como case sempre. E envíanos a súa aportación creativa coa viñeta correspondente.