Unha semaniña máis voltamos a estar con vosoutros, seguidores e oíntes, para facer esta horiña de radio en galego. Nesta primeira parte conectamos co noso colaborador habitual Xosé Manuel Montes, que dende Monforte de Lemos fainos un percorrido por Galicia coa escolla das súas suxerentes e máis que interesantes noticias ou novidades que acompaña sempre con reflexións e comentarios axeitados. Remata a súa intervención deixándonos as súas sentencias retranqueiras.
Na segunda parte conectamos con Antonio Díaz, director da revista Lúa Nova e corresponsal do xornal Galicia no Mundo, así como membro activo da directiva da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Mantemos con el unha conversa moi amena na que nos da coñecer tódalas actividades que están a realizar na Entidade, facendo mención especial á última, na que participamos nós mesmos: A obra de Teatro "Os Vellos non deben namorarse", realizada o pasado día 16 de xuño, no Patronat Cultural i Recreatiu de Cornellà. Podedes escoitala aquí mesmo, coma sempre.
A vindeira semana será a ultima desta tempada e agardamos poder ofrecerlles un programa entretido e interesante. A vosa participación sempre é moi ben recibida. Se desexades facer mención dalgunha cousa que consideredes importante na nosa emisión, podedes facelo nos teléfonos de sempre:
936 541 400 - 936 541 500, ou no noso correo electrónico: galegosnobaix@gmail.com, ou deixando algún comentario neste mesmo blog.
Saudiños moi cordiais para todos e que pasedes unha Verbena de San Xoan moi feiticeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario