Comezamos unha nova tempada, coa mesma sintonía de sempre e cos mesmos componentes do equipo: Nos controis Técnicos DAMIÀ. Como correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), en Galicia, XOSÉ MANUEL F. MONTES e nas locucións Xulio COUGIL e mais ARMANDO FERNÁNDEZ.
Conectamos con Xosé Manuel, o encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que nos fai un pequeno relatorio do máis sobranceiro das comunicacións-noticias en Galicia e... Como non? Falamos dos incendios que arrasan o máis fermoso da nosa terra. A praga, o cancro dos veráns... Primeiro ponnos os dentes longos coa descrición do lugar onde se atopa (Saviñao) e infórmanos das viandas que acababa de degustar na "bodega-chiringuito" da viña dende onde contempla a fermosura das ladeiras que baña o encoro de Belesar. Tamén se detén un chisco falando da noticia do achádego dun boleto da primitiva que se entregou no xulgado na Coruña, e que xa ten varios pretendentes... Despedímolo coa nova para tódolos nosos oíntes: Mudamos de día de emisión e aumentámo-lo horario: TÓDOLOS XOVES DE 16h á 18horas. Polo tanto a vindeira semana, día 26 de 4 a 6 da tarde.
Escoitamos un bocadiño de música e comunicámonos con JUAN PEDRO S. membro da Directiva da ASOBECAT, Asociación de Bercianos en Cataluña, para que nos informe, polo miúdo, da celebración da IX ROMERÍA BERCIANA en Polinyà, na honra da VIRXE de la ENCINA, que levarán en procesión polas rúas da devandita cidade e MISA Solemne no Parque LOS PLATANEROS, ao carón do Pavillón de Deportes. Celebrarán o IV Torneo Día do Bierzo, coa colaboración do Club de Bolos de Horta. Poderán degustarse os productos do Bierzo, xa que terán un servicio de BAR, CAFETERÍA e BARBACOA, para uso de tódolos asistentes. ¡Feliz FESTA!!!
Ata a vindeira semana, o XOVES, 26 de setembro de 4 á 6 da tarde. Con máis novidades e sorpresas. ¡Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario