1º Programa da tempada 2016-17
Comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e presentámonos para ofrecerlles dúas horiñas de emisión en galego, Armando Fernández, Antonio Díaz e un servidor.
A primeira intervención-entrevista é con don ALVARO VILLASANTE, Propietario e CHEF do Restaurante PAPRICA de Lugo, que nos recibe moi amablemente. a conversa é unha verdadeira clase para nós e agradecémoslle a súa inestimable aportación e agardamos voltar a manter unha nova entrevista con máis tempo para coñecelo máis polo miúdo, noutra ocasión.
Seguidamente conectamos novamente con Galicia para falar con XOAN CURIEL, cantautor galego que nos fala dos seus éxitos e das súas creacións musicais. É un pracer poder departir con este autor e cantante galego a súa paixón pola música.
Na segunda hora, coma sempre, comunicámonos con noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), XOSÉ MANUEL F.MONTES, que sempre nos ten preparadas unha serie de inofrmación escollidas con moita retranca e debullando con meticulosidade a súa estimable opinión e rematando coa súa viñeta alusiva a algún dos temas tratados na nosa emisión de hoxe. Agradecementos moi afectuosos.
Non deixamos Galicia e trasladámonos a Santiago de Compotela para falarmos cn dona MARIA SOLAR, para falarmos do seu ultimo libro AS HORAS ROUBADAS. Unha conversa feiticeira e chea de información sobre o seu libro e a súa traxectoria. Mágoa do tempo medido e "cativo" na radio, para podermos falar con máis tempo e de moitos temas que nos quedaron no caixón, noutra volta será. Moitas graciñas pola súa participación.
E despedímonos desexando que sigan sintonizándonos, ate o vindeiro xoves, que voltaremos con dúas horiñas máis de emisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario