viernes, 20 de octubre de 2017

XOVES 19 de Outubro do 2017

Comezamos unha nova emisión de radio en galego conectando directamente con Galicia, para manter unha conversa co Sr. Alcalde de Cervantes, don Benigno Gómez Padin, para que nos informe dos desastres que aconteceron esta semana pasada naquela contorna. Incendios e grandes destrozos. Menos mal que a chuvia axudou a apagar os lumes pois algunhas aldeas víronse asediadas polas lapas que foron apagando os propios veciños con carrocetas e tractores como puideron.


A segunda entrevista é con dona EMMA PEDREIRA, Licenciada en Filoloxía, Poeta, Escritora, a quen felicitamos polos recente premios acadados e aproveitamos para que nos poña ao corrente da súa nova producción creativa. Agradecémoslle a súa aportación.


Falamos con dona EUGENIA, das Adegas CONDES de ALBAREI, no Salnés. Coméntanos varias cousas relacionadas coa Adega moi interesantes e facemos referencia concreta á súa participación e colaboración na "IIIª GALA-Xantar de Galiciame" en Cambados, para a que facilitan as súas instalacións e aportarán o viño albariño do xantar. Tamén nos fala do Albariño do Pazo de Baión, que adquiriron recentemente e que representa un novo valor engadido ás Adegas.


A sección QUEN CHE PREGUNTOU? a cargo do noso correspondente habitual, Xosé Manuel F.Montes, sempre moi interesante, comentando os acontecidos na semana, e cos seus Me Ghustan, moi atinados e cheos de razoamentos moi atinados. Tamén nos envía a súa aportación creativa, en forma de dibuxo, relacionada co programa de hoxe.


Finalmente conectamos con Viana do Bolo, en Ourense, para falar co Sr.Alcalde don Secundino Fernández. Coméntanos a falta de recursos que tiveron para poder actuar en contra dos incendios que tamén produciron una desastre ecolóxico moi importante nos pobos de Pradocabalos, Bembibre, Castro... ... Algo que lamentablemente xa nos se poderá restutuír en moito tempo. Grazas á choiva o perigo atallouse, pero a perda nestas contornas é moi importante. Desexamos que, dentro da normalidade, se poida axudar, por parte da Administración, a eses damnificados neste desastre.


A vindeira semana voltaremos. Non deixedes de sintonizarnos. E graciñas por seguirnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario