Comezamos unha nova tempada dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con don JOSE MARIO CABO, Presidente dos Ferreiros de Riotorto, para comentar con el o seu traballo artesanal, ó que se deica e que conserva como representante da 3ª xeración de artesáns da forxa en Lugo. Infórmanos da celebración dunha Feira que se celebra en Viveiro cada ano, moi interesante, e despedímonos ate unha vindeira ocasión que voltaremos a interesarnos pola súa tarefa engaiolante.
Agradecemos a presencia de Antonio Díaz, Director de Lúa Nova, amigo e colaborador das nosas emisións, que nos acompaña nesta primeira emisión da tempada...
A continuación conectamos novamente con Galicia para falarmos con MIRIAM GONZALEZ FRANCISCO, Periodista e Co-Directora do documental "A Memoria da RAIA", que nos pon ao corrente da recente presentación no "Auditorio de Verín" deste Documental de máis dunha hora de duración tan interesante e que pon de relevo a solidariedade e bon facer das persoas da "Raia" en datas despois da guerra civil española. Alí aparecen entrevistas, charlas, documentación e moitas vivencias interesantísimas nesas contornas da "Raia Seca" entre Ourense e o Norte de Portugal. Prometémonos voltar a conectar con ela para que nos siga informando do percorrido e presentacións sucesivas que vaian realizando, así como o posible visionado nalgunha das Asociacións Galegas en Cataluña, e moi concretamente en Barcelona, se fora posible. Moitas grazas, Miriam.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa intervención semanal moi axeitada e con recomendacións para aqueles que se queiran achegar por aquelas terras da Ribeira Sacra. Nesta ocasión non pode enviarnos a súa creación pictórica, por mor de certos compromisos persoais, pero agardamos á vindeira semana que teremos a oportunidade de disfrutar do seu bon facer con máis tempo e lecer.
A seguinte comunicación é co noso entrañable amigo
HENRIQUE FERNANDEZ-MON SANCHEZ, que se incorpora dende hoxe mesmo á Emisión de Galegos no Baix, para facernos un pequeno percorrido polos Ancares e a súa contorna. Nesta súa primeira intervención danos unha visión positiva e outra negativa relacionada co devir de certos acontecementos na zona de Navia de Suarna e A Fonsagrada...
E rematamos o programa de hoxe dándolles novamente a ben-vida nesta nova tempada e desexando que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora.
span style="font-size: large;">
Que pasen unha feliz semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario