jueves, 27 de febrero de 2020

XOVES 27 de FEBREIRO do 2020

Despois das salutacións iniciais, conectamos con Galicia para falar con don MANEL MONTEAGUDO, un escritor galego afincado en Noia, que nos fala do seu ultimo traballo, un libro que leva por título: "Camiño a lagoa dos bardos" de máis de catrocentas páxinas todo el escrito en verso, e segundo el mesmo nos informa, adicado ás mulleres. Fainos un agasallo lendo un dos seus poemas. Desexámoslle moitos éxitos.


Recibimos nos estudos a Ricard Ros, que nos ven a presentar o "Xº Festival RUBRIFOLKUM" que se celebrará os días 5, 6 e 7 de marzo. Tamén recibimos e saudamos aos dous compoñentes do "Grupo MoOom" - Ciara Cabodevila e Sebastián Serpell -. Ricard ponnos ao corrente das novidades que este ano teremos neste Festival Tradicionarius do Baix Llobregat. Escoitamos un bocado de música dalgún dos participantes neste evento.
Continuamos a conversa con eles, e aproveitamos a presencia de Ciara e Sebastián - Grupo MoOom - para que nos interpreten unha peza do seu repertorio.


Seguimos debullando as diversas actuación no "Rubrifolkum 2020" e escoitamos outro bocadiño máis de música doutro dos participantes neste Festival.


Tamén nos volven a interpretar outra peza de "MoOom". Despois depedímonos deles desexando que teñan moitos éxitos e contamos poder voltar a telos connosco para disfrutar da súa creatividade musical, tanto de Ricard Ros como de Ciara e de Sebastián.


A continuación conectamos coa nosa correspondente en Becerreá,  Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa crónica semanal relacionada con aquelas terras Ancaresas de Lugo.


Despois falamos con SÉS, María Xosé Silvar, que está en Barcelona, para presentar o seu ultimo traballo "Liberar as arterias". Precisamente mañá, venres día 21 ás 21h na Sala Luz de Gas, fará a súa presentación deste CD cun concerto para tódolos asistentes. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Que teñan unha feliz semana. O vindeiro xoves máis. ¡¡Agardámosvos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario